ARZÚA CONSEGUE UN INVESTIMENTO DE 231.000 PARA ACONDICIONAR O NÚCLEO TRADICIONAL DE BOENTE DE ARRIBA

Arzúa, a 10 de abril de 2010.- O goberno municipal de Arzúa remitirá nos vindeiros días á Consellería de Cultura e Turismo un certificado de titularidade pública dos terreos do lugar de Boente de Arriba coa finalidade de que o departamento autonómico poida seguir cursando a tramitación do expediente que dará lugar á posta en valor e acondicionamento dun dos tramos máis significativos do Camiño Francés ao seu paso por Arzúa, o que transcorre polo núcleo de Boente de Arriba.

         A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, vén de remitir ao Concello un exemplar do proxecto así como a resolución de Patrimonio na que se emite un informe favorable para a realización desta actuación, que foi solicitada meses atrás dende o equipo de Goberno Municipal xunto con outra serie de medidas, das que aínda nada se sabe, precisas para a promoción e conservación do Camiño de Santiago ao seu paso por este municipio.

         O proxecto elaborado pola Consellería de Cultura e Turismo conta cun orzamento de 231.141,60 euros que se empregarán na posta en valor dun núcleo tradicional do Camiño axustando a intervención ás súas características, potencialidades e estado actual.

         A aldea de Boente de Arriba é un núcleo tradicional formado en torno ao Camiño de Santiago, enclavado nun entorno rural cun reseñable valor paisaxístico. A maior parte das edificacións tradicionais preséntanse  en agrupacións compactas seguindo a aliñación principal do Camiño. O estado de conservación do conxunto é aceptable dende o punto de vista de preservación do patrimonio se ben a pavimentación do camiño ao seu paso por este espazo resulta con aglomerado asfáltico o que deteriora as súa imaxe de núcleo rural tradicional.  A aldea conta con abastecimento, saneamento e recollida de augas servíndose de canais superficiais e con acceso ás edificacións mediante taxeas formadas por tubos prefabricados e pavimento de formigón. O cableado da instalación eléctrica das vivendas, a iluminación e telefonía é aéreo e discorre sen orde algún polas fachadas ou servíndose de postes de formigón ou madeira. O mobiliario urbano é inexistente e de feito, aínda que se teñen realizado algunhas intervencións puntuais na zona, o certo é que se percibe un certo abandono e a falta dunhas directrices de actuación.

         A tenor de todo isto, a actuación que acometerá directamente a Consellería de Cultura e Turismo céntrase na retirada do cableado aéreo, enterrando e sustituíndo as liñas de electricidade, telefonía e iluminación. Manteranse, mellorándoas puntualmente, as instalacións de saneamento e abastecemento e a recollida superficial das augas pluviais. O enterrado destas instalacións aproveitarase para crear novos pavimentos que contribúan a definir as zonas de paso, os espazos de estancia e de “respeto” diante das edificacións. Seguirase mantendo o aglomerado asfáltico na zona da pista e pavimentaranse o resto das zonas como se fose unha alfombra que se extende de acordo co percorrido das instalacións soterradas, recollendo as arquetas e sinalizando as zonas de estancia e os accesos ás vivendas. O carácter liñal da proposta non parte dunha intención de marcar o Camiño senón de resolver problemas asociados a un conxunto edificatorio que se ten desenvolvido en torno a él.  A proposta contempla tamén a instalación de mobiliario urbano e a execución de traballos de xardinería.

         O Alcalde de Arzúa, Xaquín García, explicaba esta mañá que a idea é “enfatizar a imaxe de conxunto do núcleo resolvendo ademais outras cuestións funcionais como é a de primar o tránsito peatonal sobre o tráfico rodado”. O rexidor indicaba ademais que se trata dunha “importante actuación que debe ser o preludio de moitas outras que poñan en valor un dos nosos patrimonios máis significativos, o Camiño de Santiago”. 

Anuncios
Published in: on 11 abril, 2010 at 8:14  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/04/11/arzua-consegue-un-investimento-de-231-000-para-acondicionar-o-nucleo-tradicional-de-boente-de-arriba/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: