O QUEIXO DE ARZÚA PRESENTE NA MOSTRA WINE AND GOURMET JAPAN QUE SE DESENVOLVEU EN TOQUIO

Arzúa. 11 de abril de 2010. Economía e Industria promoveu, a través do Centro de Promoción de Negocios (CPN) que o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) ten en Xapón, a penetración dos viños e dos queixos galegos durante a segunda edición da feira internacional Wine and Gourmet que se desenvolveu en Toquio durante a semana que agora remata, e onde se deron cita expertos e especialistas do ámbito agroalimentario.

O Igape participou nesta Feira cun espazo propio onde, ademais de desenvolver accións de promoción de Galicia e dos seus produtos máis tradicionais, facilitou apoio e asistencia directa ás empresas galegas participantes na procura de contactos e elaboración de axendas orientadas a ampliar a penetración dos viños galegos no selectivo mercado xaponés. Coincidindo coa nutrida representación dos viños galegos neste evento, unha empresa xaponesa importadora de queixos galegos fixo promoción e degustación dos produtos amparados polas denominacións protexidas de Tetilla, Árzua-Ulloa e San Simón.

Wine and Gourmet  é a primeira feira  de Xapón dedicada exclusivamente a viños y bebidas alcohólicas, produtos gourmet , confitería, catering e servizos de equipamento e subministro de comidas. A mostra desenvolvese entre os días 7 e 9 de Abril no Centro de Exposición Internacional “Bigh Sight” de Tokyo, onde se deron cita centos de especialistas en produtos agroalimentarios.

Anuncios
Published in: on 11 abril, 2010 at 10:35  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/04/11/o-queixo-de-arzua-presente-na-mostra-wine-and-gourmet-japan-que-se-desenvolveu-en-toquio/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: