LUZ CASAL FILLA PREDILECTA DE BOIMORTO

 

Boimorto 12 de abril de 2010. Luz Casal será nomeada filla predilecta do Concello de Boimorto o día 16 de maio de 2010.O Pleno Municipal celebrado en data 8 de abril, aprobou o nomeamento de Dª Luz Casal Paz como Filla Predilecta do Concello de Boimorto, acto que se celebrará o vindeiro día 16 de maio as 13:30 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial, no que estará a Corporación en pleno e autoridades e representantes convidados expresamente ó acto. A continuación haberá un xantar-homenaxe na carpa instalada na parroquia de Andabao (Arentía), lugar onde naceu a artista, o prezo por comensal será de 20 €; ese mesmo día asinará autógrafos.

Dende o Concello de Boimorto destacan os seus méritos e cualidades profesionais empezando xa a súa carreira dende moi pequena, pero non foi ata aló polos anos 80 cando saltou a escea con “No aguanto más” e con “Rufino”, na que a súa populariedade aumentou considerablemente. Co bolero “No me importa nada” e “Piensa en mi”, Pedro Almodóvar elixiunos para a súa película “Tacones Lejanos”, e traballou poemas como o de Rosalía de Castro “Negra Sombra” co que fixo a banda sonora da película “Mar adentro” de Alejandro Amenabar co que obtivo un Oscar da Academia de Cine de Hollywood.

Participou co gaiteiro Carlos Núñez no disco “A irmandade das estrelas” gravando unha canción en galego e fixo tamén outras dúas cancións para a película “El bosque animado” co que recibeu un premio Goya da Academia de Cine Española.

Co seu disco “Vida Tóxica” plasmou a pegada dos malos momentos pasados e no seu último disco “La Pasión” demostra a súa pasión pola música e pola vida; neste disco aparece a canción “Vengo del norte”, na cal recoñeceu nunha conversación recente que fala da vila de Boimorto, onde pensan voltar nun futuro.

Luz Casal Participa e colabora habitualmente en fundacións de axuda a nenos do 3º mundo e organiza concertos benéficos contra o cancro.

En 2008 recibíu a Medalla de Outro ó Mérito nas Bellas Artes en España e en 2009 Francia concedeulle a Medalla das Artes e das Letras. O día 13 de abril deste ano recibirá a Chave da Cidade de París.

 

Anuncios
Published in: on 12 abril, 2010 at 10:17  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/04/12/luz-casal-filla-predilecta-de-boimorto/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: