O GOBERNO DE ARZÚA ADXUDICA OBRAS DE MELLORA NO RURAL POR VALOR DE 100.000 EUROS

Arzúa, a 12 de abril de 2010.- O goberno arzuán acaba de aprobar a adxudicación definitiva de diversas obras de arranxo de camiños na zona rural á empresa Paco Gómez, con sede na comarca e con varios dos seus empregados con residencia no Concello de Arzúa; o que contribúe a fomentar a política municipal de mantemento dos índices de emprego local.

         As actuacións adxudicadas alcanzan un orzamento de aproximadamente 100.000 euros e desenvolveranse en traballos destinados á mellora do firme dos viais e á limpeza das gabias coa finalidade de adecentar unhas vías de comunicación fundamentais para o desempeño da actividade agrícola e gandeira propia destas zonas.

         Con fondos procedentes das baixas do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal 2009 da Deputación Provincial e mediante un investimento de 36.000 euros acondicionarase o camiño que vai dende a estrada de Boimorto ata o lugar de O Casal, na parroquia de Rendal, pasando polo Viso. Con 30.000 euros procedentes deste mesmo programa e grazas á existencia das baixas sinaladas anteriormente procederase tamén ao acondicionamento do núcleo rural da Torre, na parroquia de Dombodán, onde se executará ao saneamento e mellora do lugar.  

         O goberno municipal tamén adxudicou definitivamente, o pasado venres, a obra de reparación do camiño que vai dende a Estrada Nacional 547 ao lugar de Doroña (A Castañeda) pasando polo lugar de Bascuas. Investirase nesta actuación un total de 31.000 euros procedentes do Plan Provincial de axuda á crise promovido pola Deputación Provincial da Coruña.

         O Alcalde de Arzúa, Xaquín García, amosaba esta mañá unha dobre satisfacción por poder levar á práctica este tipo de actuacións que por unha banda “permiten mellorar, de xeito significativo a calidade de vida dos nosos veciños dos núcleos rurais que teñen os seus domicilios ao carón destes viais ou mesmo que circulan a diario por eles como consecuencia do desenvolvemento da súa actividade agrícola e gandeira, maioritariamente” e por outro lado, “ é unha oportunidade máis para axudar ás empresas da comarca e para intentar soster os índices de emprego”, mantiña o rexedor en alusión á empresa adxudicataria das actuacións que aínda que ten a súa sede no Concello de Touro conta con numerosos empregados de Arzúa.

Anuncios
Published in: on 12 abril, 2010 at 15:10  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/04/12/o-goberno-de-arzua-adxudica-obras-de-mellora-no-rural-por-valor-de-100-000-euros/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: