OS SOCIALISTAS DE ARZUA AMOSANSE CONTRARIOS A PETICIÓN DUN PRESTAMO DE 818.000 EUROS POLO ALCALDE DO BLOQUE.-

Arzúa. 12 de abril de 2010. O avanzado polo Alcalde do  Bloque de Arzúa para concertar unha operación de préstamo por importe de 818.000 euros (136.103.748 pesetas)  xa ten unha resposta por parte dos socialistas cun posicionamento totalmente en contra.- Argumentan que pedir un prestamo desta cuantia, neste momento da lexislatura, a un ano das eleccións municipales, “ten un componente electoralista na precura dun puñado de votos a cambio de endeudar ao Concello,o que ven a demostrar a incapacidade dun Alcalde  que non é quen de buscar financiamento para as obras noutras administracións, buscando a saida facil a costa de sumar mais deuda, sen que lle importe hipotecar ao Concello e ao futuro goberno municipal que, estamos convencidos, será socialista” – indica Xosé Manuel Pazo, responsable de economía da agrupación local.-

Explica Pazo que, sen entrar na débeda pendente nos distintos capitulos orzamentarios, pero si no detalle de operacións de crédito ou de endebedamento pendente con entidades bancarias a 31 de decembro de 2009, era de 769.740 euros, polo que sumado aos 818.000 euros de prestamo anunciados polo Alcalde do Bloque, mais do doble do que habia pendente, suman  1.587.740 euros  (264.177.708 pesetas) de debeda con entidades de crédito.-

Con este prestamo totalmente desproporcionado para unha entidade como o municipio arzuán, que pasaría a ser un dos mais endebedados dos da súa categoría, ainda asi, os orzamentos para o 2010 acadarian 6.302.125 euros, prácticamente a mesma cantidade que o 2009, que acadou 6.271.590 euros.- “As cifras cantan” –indican os socialistas, que continuan “de non ser por este prestamo contra natura, baixaria en picado o orzamento, polo que todo apunta que esta operación amais de electoralista tamen intenta maquillar as contas sumando mais débeda”.-

Moitas explicacións terá que dar o Alcalde do Bloque, Xaquin Garcia, ao pobo sobre este tema, porque, baixo o criterios dos socialistas locales, a mellora das contas, tiña que ser en base a unha reducción dos gastos corrientes, reducción dos soltos do Alcalde e Tte Alcalde, dentro dun plan de austeridade do que xa se teñen avanzado os socialitas as suas variantes.-

Rematan os socialistas que aparte da condena politica a esta operación bancaria de prestamo, tamén consultarán xuridamente se é fraudulenta, polo que de ser asi, levarian o tema aos tribunais, “porque non podemos permitir que o pueblo de Arzúa  pague os compromisos de amiguismo do goberno do bloque”

Anuncios
Published in: on 12 abril, 2010 at 15:06  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/04/12/os-socialistas-de-arzua-amosanse-contrarios-a-peticion-dun-prestamo-de-818-000-euros-polo-alcalde-do-bloque/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: