OS SOCIALISTAS DO INTERIOR CORUÑES SATISFEITOS POLA REUNIÓN MANTIDA NO MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, RURAL E MARINO EN MADRID,

Arzúa. 12 de abril de 2010. Como é sabido os representantes dos Concellos afectados pola paralización da Declaración do Impacto Ambientel DIA, por un informe da Xunta, no tramo entre Arzúa e Palas de Rei, mantiveron este venres unha reunión con altos cargos dos Ministerior de Medio Ambiente, Rural e Marino e de Fomento.-

A Directora General de Calidad y Evaluación Ambiental, Dª Maria Jesús Rodríguez de Sancho, de quen depende a aprobación do DIA, o Director General de Carreteras do Ministerio de Fomento, D. Aureliano López Heredia, de quen depende o proxecto de obra da Autovia e o Subdirector de Evaluación Ambiental, Don Angel Muñoz, que  é quen informa a DIA, reunironse mais de duas horas cos representanes socialistas Ignacio Portos, coordinador comarcal, Manuel Prado e Manuel Tarrio, representantes por Melide e Xabier Pintor de Arzúa.-

Os representantes socialistas manifestan en primeiro lugar a súa enorme satisfacción por prontitude da convocatoria desta reunión, pola alta representanción  con responsabilidade máxima e directa sobre a Autovia A- 54, dos representantes ministeriales, pola atención prestada e a información ofrecida.-

Indican os representantes locales que a Directora General de Avalianción Ambiental do MARM, aseguroulles e confirmoulles que o informe da Xunta pedindo novas alternativas ao norte da N-547, impiden que poida aprobar a DIA: “no solo tengo, sino que debo por imperativo legal atender lo que pide la Xunta en su informe” afirmou textualmente este alto cargo.-

Ante isto tamén se lle preguntou de si se poderia obviar o informe da Xunta por habelo presentado 8 meses fora de prazo, respondendo que non podia porque se esta a falar dun LIC no que o Ministerio non ten competencias senon a Xunta, e de forma exclusiva.-

Neste contexto, despois de por sobre da mesa da reunión toda a documentación existente sobre este trazado de autovia, o Director General de Carreteras indicou que dende o seu departamento intentarán mediante informes técnicos e xurídicos e tamen estudios de detalle, convencer á Medio Rural da Xunta de que a alternativa 4, aprobada por Fomento e informada favorablemente por todolos concellos afectados, é a que menos impacto ambiental causa e a que mais beneficia os Concellos afectados.

Ante esta situación propuxose na reunión manter urxentemente un encontro entre representantes dos dous ministerios afectados MARM e Fomento, coa Xunta para concretar rapidamente unha solución para non dilatar mais no tempo este tramo de autovia que xa arrastra un atraso historico.-

Ante a insistencia dos representantes socialistas en que non se demorara no tempo este esta reunión entre as distintas administracións central e autonómica, o Director General de Carreteras, dende o  mesmo lugar que se estaba  celebrabando  a reunión, realizou distintas chamadas a altos cargos do seu departamento, confirmando que esta reunión en Galicia entre administracións celebrarase nos primeiros dias desta semana.-

Os socialistas do interior coruñes desean que na reunión que se celebre se busque a solución definitiva para desbloquear este tramo de autovia tan necesaria para o desenrolo dos pobos do interior, continuando cos trámites de contratación e execión para que sexa unha realidade mais cedo que tarde.-

Neste contexto preguntouselle polos representantes do interior á Directora General de Calidad y Avalianción Ambiental, se se chega a un consenso ¿tardaria moito a DIA?, contestando que seria inmediata a aprobación e a publicación no BOE, sempre e cando que cos estudios que se lle presente por Fomento á Xunta, ésta matice, modifique ou cambie a petición de que se estudien outras alternativas au norte da N-547, e, xa que logo, acepte a alternativa proposta (4) aprobada no estudio informativo por Fomento.-

Finalmente os socialistas indican que dispoñen dunha nota informativa completa do Ministerio de Fomento que conclue  “Si finalmente hubiera que estudiar nuevas alternatrivas, sería necesaria la elaboración de la correspondiente documentación complementaria, su sometimiento a información pública y oficial, el estudio de las alegaciones y elaboración del correspondiente informe y analisis del expediente y formalación de laDIA por parte del Miniterio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino. Todas estas actuaciones en conjuntopodrian suponer fácilmente un retraso del orden de 24 meses en el desarrollo de la actuación”.-

Anuncios
Published in: on 12 abril, 2010 at 10:05  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/04/12/os-socialistas-do-interior-corunes-satisfeitos-pola-reunion-mantida-no-ministerio-de-medio-ambiente-rural-e-marino-en-madrid/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: