O artigo da semana. O MOVEMENTO SOLIDARIO EN ARZÚA

 

 

Arzúa, que en varias ocasións no s. XIX fora escenario das loitas carlistas iniciaba o s. XX dominada polos Gasset que habían de converterse nun dos obxectivos do movemento agrarista que comezaba a desenvolverse na comarca. O ano 1907 foi decisivo. Coa presenza de Vázquez de Mella, principal representante do tradicionalismo solidario nestas terras, fundábase o Sindicato Católico Agrario de Arzúa-Lema o 15 de setembro. Deste sindicato sería Presidente Honorario o cura párroco de Arzúa Andrés Vaamonde Sandá. Coincidindo coa fundación deste e doutros colectivos agrícolas, a prensa da época empeza a difundir diferentes casos de terrorismo rural. Algúns deles producíronse no distrito de Arzúa, no que por aquel tempo residía Vázquez de Mella. Un dos casos máis senlleiros foi o ocorrido en febreiro de 1908 cando unha carga de dinamita destruíu parte da casa do escribán de Santiso. Por este feito fora detido e procesado o referido Andrés Vaamonde. Aínda así Vaamonde Sandá, natural da freguesía de Rendal, seguiu exercendo como párroco de Santiago de Arzúa, da que tomara posesión o 2 de agosto de 1893 até a súa morte a consecuencia da gripe en 1924. Este altercado non foi o único por aquelas datas no distrito. En Sobrado, o Xuíz de Arzúa chegou a procesar 18 persoas que acudiran á constitución dun novo sindicato acusados de expulsar ao alcalde a punta de pistola.

FOTO. JUAN VÁZQUEZ DE MELLA Y FANJULL

POR ARMANDO CASCÓN

Anuncios
Published in: on 13 abril, 2010 at 6:07  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/04/13/o-artigo-da-semana-o-movemento-solidario-en-arzua/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: