XUNTA E GOBERNO CENTRAL ACORDAN DESBLOQUEAR O TREITO DE AUTOVÍA ARZÚA-PALAS DE REI

Arzúa, 13 de abril de 2010.- A Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural ven de solicitar información adicional de detalle ao Ministerio de Fomento sobre a construción da estrada A-54 (Santiago-Lugo). Unha vez dispoña destes datos informará, á súa vez, a ambos departamentos sobre a incidencia que poida ter esta vía nos espazos protexidos e a biodiversidade, no marco das súas competencias.

Así o acordaron hoxe o propio director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón, o xefe da Demarcación de Estradas de Galicia do Ministerio de Fomento e responsables da Dirección de Avaliación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño (MMARM) na reunión que mantiveron esta mañá en Santiago e que foi solicitada por Medio Rural para avanzar nesta tarefa.

Na xuntanza, os tres organismos coincidiron  na necesidade de harmonizar a construción da autoestrada cos requirimentos de conservación dos hábitats e das especies da Rede Natura 2000. Neste sentido, tanto Medio Rural como o propio MMARM, responsable neste caso da avaliación do impacto ambiental, sinalaron a importancia de desenvolver un procedemento que garanta a preservación da biodiversidade no contexto normativo da Unión Europea.

A dirección xeral de Conservación da Natureza solicitou información complementaria   do proxecto o seu paso polo Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) “Serra do Careón”,  que alberga importantes valores do patrimonio natural de cara a avaliar as alternativas e seleccionar a de menor incidencia. As conclusións da xuntanza apuntan á viabilidade do proxecto pero obrigan a un axuste, polo miúdo, de cara a garantir a menor incidencia da infraestrutura sobre os valores ambientais máis fráxiles.

Máxima prioridade

Conservación da Natureza comprometeuse, a súa vez, a situar este asunto na máxima prioridade e informar tan rápido como reciba as especificacións técnicas solicitadas sobre as estruturas que se van empregar na obra; en particular, no que atinxe ao seu paso polo LIC “Serra do Careón”, que forma parte da Rede Natura 2000.

Anuncios
Published in: on 14 abril, 2010 at 7:42  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/04/14/884/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: