60 SENDEIRISTAS DE ARZÚA PARTICIPAN NUNHA RUTA POR ASTURIAS

        

Arzúa, a 15 de abril de 2010.- A localidade asturiana de Taramundi convertirase este sábado no escenario programado pola Concellería de Deportes para a celebración da primeira Ruta de Sendeirismo na terceira edición dunha iniciativa que o departamento puxo en práctica coa finalidade de ofrecer unha modalidade deportiva e de ocio en plena natureza que xa conta con numerosos afeccionados en Arzúa.

         Segundo os datos ofrecidos dende a oficina de deportes as prazas para a participación nesta ruta que inaugura a tempada e que é  a primeira que se desenvolve fóra de Galicia xa se cubriron nos dous primeiros días nos que se abriu a convocatoria e a día de hoxe existe unha ampla lista de agarda por se se producen baixas entre as persoas inscritas.

         Máis de 60 sendeiristas locais das máis diversas idades, entusiastas desta modalidade deportiva están convocados para primeira hora da mañá deste sábado (08:30 horas), diante do Recinto Feiral Terra do Queixo, para emprender camiño cara Taramundi, concello de Asturias limítrofe con Galicia e que conta cun patrimonio paisaxístico, natural e cultural digno de ver e descubrir. A ruta ten un percorrido de 15 kms, cunha dificultade baixa e esforzo medio e cunha duración aproximada de 4 horas e media. Ao longo da mesma os participantes poderán visitar diversos caseríos ou mesmo un complexo etnográfico de inxenios hidráulicos.

         O Concello de Arzúa puxo en marcha esta iniciativa hai dous anos coa pretensión de que os veciños e veciñas da localidade poideran desfrutar da realización dunha práctica deportiva non competitiva sobre camiños balizados e homologados por organismo competentes e achegarse ao medio natural e ao coñecemento de diversas zonas a través do patrimonio e dos elementos etnográficos e culturais tradicionais.

         Exemplo da boa acollida desta idea é o feito de que en tan só dúas edicións xa son máis de 300 as persoas de Arzúa que se teñen involucrado nunha práctica que constitúe unha simbiosis entre deporte, cultura e medio ambiente. O edil de deportes arzuán, Xoán Xesús Carril, amosábase satisfeito cos datos rexistrados no seu departamento que indican que “o sendeirismo xa é hoxe unha práctica consolidade en Arzúa, moitos veciños participan en diversas rutas a título particular e por libre ademais de asistir ás que programamos dende a propia concellería”.

         En vistas desta situación e ante a grande aceptación da iniciativa, o Concelleiro de Deportes anunciou que xa se están desenvolvendo os trámites para a creación dun Club de Sendeirismo, para dar así un paso máis na profesionalización desta modalidade deportiva en Arzúa.

Anuncios
Published in: on 15 abril, 2010 at 9:58  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/04/15/60-sendeiristas-de-arzua-participan-nunha-ruta-por-asturias/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: