INFORMADOS FAVORABLEMENTE OS ORZAMENTOS DE ARZÚA PARA O 2010

Arzúa, a 15 de abril de 2010.- O expediente orzamentario do Concello de Arzúa, que alcanza a cifra de 6.302.125 euros, foi informado favorablemente pola Comisión Especial de Contas e Economía e Facenda cos votos favorables do BNG e o posicionamento en contra dos grupos políticos do Partido Popular e do Partido Socialista.

            Os orzamentos deseñados para esta anualidade polo equipo de goberno centran as súas pretensións na xeración de riqueza e no mantemento e creación de emprego a nivel local nun escenario de grave crise económica. Por iso no documento salienta a contención nos gastos correntes, a conxelación de impostos e taxas  e a acometida de obras dirixidas a xerar actividade empresarial ademais dun firme compromiso social.

            A merma de ingresos motivada por unha drástica reducción na participación dos tributos do Estado, que minguaron nun 12% (109.004,47 euros), así como a contundente reducción de axudas concedidas pola Xunta de Galicia e tendo en conta a boa situación económica da que desfruta o Concello de Arzúa, trala xestión realizada nos últimos anos,  motivaron que o goberno municipal concertase un préstamo por valor de 818.000 euros para poñer en práctica un Plan Municipal de Inversión para o Mantemento do Emprego (PMIME ) que revertirá no financiamento de importantes investimentos que axuden a xerar riqueza e manter emprego no municipio, xa que a maioría son obras de rehabilitación que precisan moita man de obra co que se consegue manter os índices de emprego local.

            Mediante este programa acondicionaranse os locais sociais de A Castañeda, A Mella, Burres e Santa María. Mercaranse soportes para os contenedores evitando así o seu deterioro; acondicionarase unha pequena praza no Campo da Feira e procederase á adquisición dunha casa e dunha finca na parroquia de Tronceda para destinala a local social e zona de aparcamento. Tamén se desenvolverán os trámites precisos e pendentes dende o ano 99, para a adquisición dunha finca empregada na actualidade como recinto escolar. As obras están todas pensadas para poder ser executadas por empresas locais, axudando así ao noso empresariado nun momento especialmente delicado e cumprindo estrictamente coa normativa de contratos do sector público.

Axuda e colaboración coas parroquias

            Ademais dun importante capítulo de investimentos que alcanza a cifra de 2.081.914 euros, no expediente orzamentario salienta a suba na coantía das subvencións que o goberno municipal destina ás festas de cada parroquia e que este ano recibirán 500 euros, o que representa unha cifra considerable a tenor dos 180 euros que viñan recibindo no ano 2003 e que o goberno nacionalista foi incrementando paulatinamente nun firme compromiso de colaboración cos veciños e veciñas do rural. As previsións son de chegar aos 600 euros no vindeiro ano.

            No documento aparece tamén reflectida a creación de novas subvencións nominativas para o fomento do comercio e para colaborar co Instituto de Ensino Secundario de Arzúa no desenvolvemento de actividades para o estudo e posta en valor do patrimonio natural, cultural e social do Camiño de Santiago ao seu paso polo noso municipio.  

            No capítulo de investimentos contémplanse outras importantes actuacións como o abastecemento integral de auga potable a Pantiñobre, Brandeso, Tronceda e Viñós; a reparación de diversos camiños no rural, a creación dun espazo para destinalo a parque biosaudable, melloras na piscina exterior e  rehabilitación dunha vivenda unifamiliar en Viladavil, entre outras.

            No expediente salienta ademais unha importante reducción no apartado de gastos de persoal e no dos gastos en bens correntes e servizos. Os gastos de persoal alcanzan o 1.700.392 euros fronte ao 1.868.196 do ano 2009. No caso dos gasto en bens correntes a cifra sitúase en 2.078.956 fronte aos 2.306.505 da anualidade 2009.

Anuncios
Published in: on 15 abril, 2010 at 10:02  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/04/15/informados-favorablemente-os-orzamentos-de-arzua-para-o-2010/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: