OS SOCIALISTAS VOTARÁN EN CONTRA DOS ORZAMENTOS 2010

Arzúa 15 de abril 2010. Unha vez presentados na Comisión Especial de Contas os orzamentos para o 2010, e confirmado o forte endebedamento do Concello, cun prestamo para este ano de 818.000 euros (136.103.748 pesetas), que sumado ao pendente cos bancos ata agora suma un total de 1.587.740 euros  (264.177.708 pesetas) de endebedamento  con entidades de crédito.-

“Votamos en contra destos orzamentos na comisión especial de contas, porque negaronse rotundamente os do bloque a devolver estos orzamentos a unha comisión representativa dos partidos politicos para consensualos e abordar solidariamente esta crisis, reducindo nas operacións corrientes os gastos de persoal, de bienes corrientes e servizos e gastos financieiros, evitando asi pedir un novo prestamo”- indica Xose Manuel Pazo, responsable de economia dos socialistas locales.-

Entenden os socialistas que esta negativa do bloque a negociar os orzamentos, débese a razons estratexicas partidistas e electoralistas, e incluso persoales, xa que, neste ultimo caso, no plan de austeridade socialista está en rebaixar sustancialmente os soldos do Alcalde e Tte Alcalde, como xa fixeron noutros concellos,-nalguns incluso un 20 %- pero no  caso de Arzúa tanto o Alcalde como o TTe Alcalde do Bloque, non só se negan a rebaixar os seus soldos galácticos  senon que os suben neste exercicio, nunha contía simbolica, pero suba en definitiva:

Solto Alcalde con adicacion parcial no 2009 :        45.145, 89 euros anuais

Solto Alcalde con adicacion parcial no 2010 :        45.281,37 euros anuais

Soldo Tte Alcalde con adicacion exclusiva 2009:     39.464,37 euros anuais

Soldo Tte Alcalde con adicacion exclusiva 2010:     39.582,77 euros anuais

 

Respecto do prestamo solicitado de 818.00 euros, -indican os socialistas- que e o mais alto da historia do Concello e dobla a actual débeda.-

Antes diste prestamo, o que lle segue en contia, é o pedido en 1997, para expropiación dos terreos en Santa Maria, por un capital de 360.607,26 €, que supuxo unha grande operación de incremento de patrimonio municipal, que a dia de hoxe quintuplica, alomenos, o valor inicial patrimonial, o que non vai ocurrer co actual solicitado polo Alcalde do Bloque, que buscará réditos electoralistas e a permanencia no poder a toda costa a conta dos cartos de todos.- Rematan dende o psoe local.-

Anuncios
Published in: on 15 abril, 2010 at 14:51  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/04/15/os-socialistas-votaran-en-contra-dos-orzamentos-2010/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: