MÁIS DE 1.200 PERSOAS PARTICIPARÁN NA FESTA DOS MAIORES DE ARZÚA

Arzúa, a 16 de abril de 2010.- O Concello de Arzúa está ultimando os detalles da que será a XIV edición da Festa dos Nosos Maiores, que se celebrará o vindeiro sábado, día 24 de abril, a partir das 12,30 horas no entorno do Recinto Feiral Terra do Queixo.

            A Concellería de Benestar Social, departamento encargado da organización do evento, ten prevista a asistencia de máis de 1200 persoas cuxo único requisito para a participación no mesmo é ter cumpridos os 65 anos e estar empadronados no Concello de Arzúa, tamén poderán acudir os acompañantes daquelas persoas maiores que non poidan valerse por si mesmas.

            A programación prevista para o sábado, dada a coñecer pola edil do departamento, Aurora Varela, sigue en liñas xerais “o itinerario marcado noutros anos se ben nesta ocasión tratamos de incluir algún elemento máis que permita complementar o día cunha programación amena que se extenda ao longo de toda a xornada”.

            Deste xeito, os convidados están citados para as 12,30 da mañá cando o grupo Cantareiras de Arzúa ofreza, en primicia e por primeira vez,  un concerto no entorno do Recinto Feiral, previo á celebración da tradicional Misa Campestre prevista para as 13 horas do medio día. Ao redor das 13:30 horas dará comezo o pregón de benvida aos asistentes así como a entrega de agasallos ao home e muller de maior idade entre os congregados no evento. A partir das 14 horas os maiores de Arzúa están chamados a degustar un exquisito xantar a base de melón con xamón, polbo á feira, carne ao caldeiro e postre; tamén haberá un pequeno agasallo de recordo para cada un dos asistentes por xentileza do Concello de Arzúa.

A media tarde actuará un grupo musical que amenizará a xornada ata última hora, tamén está previsto o sorteo de vales entre os asistentes para comidas e ceas en restaurantes do sector hosteleiro arzuán e das casas de turismo rural.

            A Concelleira de Benestar Social, Aurora Varela, quixo agradecer públicamente a boa disposición amosada dende o sector da restauración e do turismo rural, dispostos a colaborar de xeito altruista na celebración da Festa.

Os interesados poden recoller as invitacións ata o día 19 de abril, provistos do Documento Nacional de Identidade. No caso das persoas empadronads no casco urbano, deben retirar a invitación no departamento dos Servizos Socias do Concello e no caso dos censados nas parroquias a adquisición farase mediante os Alcaldes Pedáneos. O Concello pon a disposición dos maiores transporte gratuíto, o seu percorrido será o mesmo que realiza o transporte escolar e recollerá a xente a partir das 11 horas.

Anuncios
Published in: on 16 abril, 2010 at 7:36  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/04/16/mais-de-1-200-persoas-participaran-na-festa-dos-maiores-de-arzua/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: