OS SOCIALISTAS ASEGURAN QUE TANTO DENDE O GOBERNO MUNICIPAL DO BLOQUE, COMA DA XUNTA NON HAI INTERES EN DESENROLAR A REDE DE GAS EN ARZUA.-

Arzúa. 16 de abril de 2010.“Por parte do Presidente da Xunta non se fixo mención a Arzúa de entre as poboacións beneficiadas polo Decreto que se publicará no DOG, que en teoría desbloquearía as zonas carentes de canalizacións de gas, por cuestións de concurrencia, e en cambio si se menciona o Concello veciño de Melide”-afirma Xabier Pintor, voceiro dos socialistas da localidade.-

Pon de manifesto o responsable socialistas que nunha reciente visita a Madrid, tivo ocasión de consultar no Ministerio de Industria  a respecto deste tema, do que os socialistas levan tempo moi interesados, donde lle informaron de que Arzúa está entre os Concellos que en canto presenten un plan de distribución de gasificación terán  dereito a obter a correspondente subvención, e con mais razón, toda vez que Arzúa  figura no acordo marco asinado coa anterior Conselleria de Industria e avalado polo propio Ministerio.-

Os socialistas non nos rendimos na loita por conquerir unha rede de gasificación, toda vez que se fai moi necesaria para os fogares e imprescindible para as empresas instaladas e as que se pretendan instalar en Arzúa, que, como norma xeral, valoran moito a presencia deste servizo para desenrolar as súas actividades industriales” –afirman o representante socialista-

Neste senso piden que dende o Goberno municipal se abandone a desidia a incompetencia e se  poña en valor Arzúa diante das operadoras de gas, indican os socialistas que informan que en Concellos de similares caracteristicas que Arzúa, “Gas Directo” instalouse en tres Concellos da provincia de A Coruña,  a Empresa “Endesa Gas Distribución, S.A.U.” presentou proxectos para 25 Concellos , publicados no Diario de Galicia o 24 de marzo do 2008, de categoría similar a Arzúa, entroutros Melide,  quedando o noso concello fora.

En calqueira caso, dende a Agrupación Local, informan que remitirán unha petición á empresa REPSOL-YPF, para que retome o proxecto inicial no que estuvo interesada fai anos.-

Este proxecto, que indica Pintor, tiveron acceso os socialistas,  comprendía en liñas xerais de:

-Estación de G.L.P., composta por 2 depósitos cunha capacidade total de almacenamento de 99 m3 e dotada de equipo de gasificación, regulación e transvase axeitados ás necesidades de consumo.-(Gasificase o GNL pasando do estado líquido a -163º C)

Rede básica de distribución, soterrada na súa totalidade, deseñada para a súa intercambiabilidade con gas natural, cunha lonxitude de 5.521 m, e construída con tubos de polietileno de media densidade, de diversos diámetros segundo as necesidades de consumo.

Anuncios
Published in: on 16 abril, 2010 at 16:25  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/04/16/os-socialistas-aseguran-que-tanto-dende-o-goberno-municipal-do-bloque-coma-da-xunta-non-hai-interes-en-desenrolar-a-rede-de-gas-en-arzua/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: