CONVOCADOS OS VECIÑOS DE BURRES Á EXPOSICIÓN DOS PLANOS DA CONCENTRACIÓN PARCELARIA

Arzúa, a 16 de abril de 2010.- O Alcalde de Arzúa, Xaquín García, acompañará aos veciños de Burres á reunión convocada pola Consellería do Medio Rural para as 12,30 horas do mércores, día 21 deste mes, no local social da parroquia.

         O asunto ao que están convocados os propietarios de parcelas na parroquia de Burres será o da concentración parcelaria, máis en concreto e segundo explicaba esta mañá o Alcalde, Xaquín García, o obxecto do encontro será a exposición dos planos de levantamento das parcelas existentes, para dar continuidade así aos trámites da concentración do monte nesta parroquia.

         Esta actuación comezou a proxectarse a petición dos veciños e veciñas de Burres con intereses na zona e en colaboración co goberno de Arzúa que sempre amosou a súa disposición e compromiso en facer realidade esta vella demanda dos veciños dunha das parroquias de maior extensión do municipio e na que a actividade agrícola e gandeira constitúe o sustento principal da economía de moitas familias.

         Así o entendeu tamén o por aquel entón denominado Goberno Bipartito da Xunta de Galicia que no ano 2008 impulsou os traballos da concentración do monte de Burres mediante unha partida presupostaria que superaba os 150.000 euros. Mediante este orzamento contrataronse os traballos que fixeron posible a colaboración de servizos técnicos para a elaboración do estudo de impacto ambiental e medidas correctoras (15.184,40  euros) e a realización do levantamento fotogramétrico, ortofotos a cor e levantamento por topografía clásica dos planos parcelarios da zona (137.046,11 euros). Este traballo, agora concluído, será o que o vindeiro mércores poderán ollar todos os veciños que posúan algunha parcela nesta parroquia.

         Segundo avanzou o Alcalde, “os planos quedarán expostos e a disposición da consulta dos veciños no local social o tempo que sexa suficiente para que  os revisen e presenten algunha reclamación se consideran que a superficie da súa propiedade se ve alterada”.

         Dende o Concello de Arzúa agardan que este primeiro paso avanzado pola Consellería de Medio Rural teña continuidade noutros trámites necesarios para concluir o proceso e que precisan dunha dotación económica que permita seguir avanzando nos traballos de concentración, un proceso necesario e urxente para a supervivencia dun entorno rural que atravesa un momento feble nesta época marcada por unha grave crise económica.

Anuncios
Published in: on 18 abril, 2010 at 8:57  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/04/18/convocados-os-vecinos-de-burres-a-exposicion-dos-planos-da-concentracion-parcelaria/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: