O PP DE ARZÚA CUALIFICA OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS DE IRREAIS E IRRESPONSABLES

Arzúa, 17 de abril de 2010.- A Voceira do Partido Popular de Arzúa, Leyre Aldasoro, denuncia que os Orzamentos Municipais para o 2010 son “máis do mesmo”, xa que, ademais de non presentar grandes novidades, repítese case mimeticamente con respecto o presuposto do ano 2006. Do mesmo xeito, a representante popular cualifica de “irreais” as contas, xa que será preciso para materializa-las partidas dun préstamo que se aproxime ós 800.000 euros, o que suporá duplica-la débeda actual do Concello. Neste senso, Aldasoro recorda que, no 2006, tamén se pedira outro préstamo, neste caso de 325.000 euros, para levar a cabo o presuposto municipal. Para os populares, que o equipo de goberno considere os orzamentos como a clave do motor económico do municipio é pretender enganar ós veciños, xa que “para o único que van a ser é para poñer parches polas parroquias do Concello”.

Nesta mesma liña, Aldasoro lamenta que as contas non reflictan ningún proxecto innovador nin ningunha inversión estratéxica para a dinamización do sector empresarial arzuán. Tal e como expón a representante popular, “este orzamento hipoteca aínda máis ó Concello e duplica a presión fiscal”. “Son unhas contas –continúa- que poñen en evidencia o estado actual do equipo de goberno: sen ideas e desesperado por manterse no goberno local”. A Voceira popular considera de presuposto insolidario e de “burla” xa que, mentres o pequeno comercio e os empresarios se quedan sen iniciativas para incentiva-la súa actividade, a  Mesa pola Normalización Lingüística ve incrementada a súa axuda institucional. Do mesmo xeito, Aldasoro fai referencia ó elevado gasto que supón para o Concello, si se ten en conta, ademais, a época de crise actual, o salario do rexedor e do tenente de alcalde, así como tamén dos funcionarios máis próximos a Xaquín García. Neste senso, indica que supón máis do 20% do presupostado para a totalidade, máis de 300.000 euros.

Por último, Aldasoro critica, ademais, que non se destine nin un só euro para adapta-lo actual PXOM á nova Lei do Solo, instrumento que, para a representante popular, é capaz de dinamizar a economía deste territorio rural e que constitúe, a día de hoxe, a principal demanda da cidadanía e dos sindicatos labregos

Anuncios
Published in: on 18 abril, 2010 at 9:23  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/04/18/o-pp-de-arzua-cualifica-os-orzamentos-municipais-de-irreais-e-irresponsables/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: