O SECTOR GANDEIRO E O DA CONSTRUCCIÓN FORON MOTIVO DE SÚPLICA NA INVOCACIÓN DO CURA PÁRROCO DE ARZÚA DIANTE DO APÓSTOLO NA CATEDRAL

Arzúa. 18 de abril de 2010. Arredor dun cento de fregueses que conforman as parroquias arzuás do arciprestado de Ferreiros achegáronse o pasado sábado a Santiago de Compostela para participar na peregrinación organizada polo arcipreste. En total 5 autobuses completos e 200 persoas contabilizando a totalidade do arceprestado. Segundo información do Cura Parroco de Arzúa don Santiago Pérez foi ás 11 en punto cando entraron na Catedral pola porta de Praterías despois dun estricto control de seguridade. A misa tivo lugar ás 12 e foi cantada por dúas corais. A invocación que correu a cargo do noso Cura Párroco, como arcipreste de Ferreiros, foi escoitada con grande atención e culminada con fortes aplausos. Nela, Don Santiago pediu por todas as familias das nosas parroquias, polos enfermos e polos sacerdotes. Foi entón cando fixo mención do cura recentemente finado don Manuel Castro. “Pídolle ao Apóstolo para que participe na Casa do Pai desta festa nosa”, dixo. De xeito especial e para por o punto e final, Don Santiago Pérez referiuse á crise económica e pediu por todos os que a sofren, de xeito especial pediu polos gandeiros, os traballadores da construción e por todos os que perderon o seu traballo.

A celebración foi presidida polo Coengo don Juan Filgueiras que fixo referencia á homilía das xentes da comarca de Arzúa. “Xente traballadora, recia, deprofundidad humana e espiritual” manifestou. Fixo tamén alusión á grande cantidade de vocacións á vida relixiosa que xurdiron desta zona. Rematou o acto da visita ao apóstolo co tradicional  do botafumeiro.

Despois, os peregrinos de Arzúa xantaron en xuntanza e pola tarde voltaron á Catedral para cumplir cos ritos tradicionais de abrazar o Apóstolo e rezar ante a súa tumba.

Anuncios
Published in: on 18 abril, 2010 at 9:00  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/04/18/o-sector-gandeiro-e-o-da-construccion-foi-motivo-de-suplica-na-invocacion-do-cura-parroco-de-arzua-na-invocacion-do-apostolo-na-catedral/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: