XAQUÍN GARCÍA NON CONTEMPLA NINGUNHA PARTIDA ECONÓMICA PARA ADAPTAR O PXOM Á NOVA LEI DO SOLO

O vindeiro mércores entra en vigor a nova lei do solo de Galicia. A pesar da solicitude expresa da totalidade da oposición arzuá e de colectivos sociais e agrarios, o grupo de goberno de Arzúa non terá como prioridade adaptar o PXOM de Arzua a esta nova lei. Proba delo é que nos presupostos para este ano 2010 o equipo de goberno de Arzúa non contempla nin un só euro para comezar cos trámites de adaptación. Mentres tanto, o rural de Arzúa continuara bloqueado e sumido a unha normativa moito menos permisiva que a que agora defenden oposición, colectivos sociais e agrarios.

APORTACIÓN DA NOVA LEI PARA O SECTOR GANDEIRO

Segundo Xovenes Agricultores de Arzúa, a nova normativa adáptase millor á realidade existente  no rural e permite entender e configurar o medio rural como un espazo onde o importante é manter a poboación e non obstaculizar as actividades que gandeiros e agricultores desenvolven.

            Sería urxente e prioritario que dende o goberno local da nosa localidade se axilicen os trámites para a adaptación na normativa municipal aos novos parámetros establecidos na nova Lei do Solo.

            A reducción de distancias entre explotacións agropecuarias e os núcleos, a posibilidade de ordear o solo dende o punto de vista agrario ou as segregacións son, sen dúbida, aspectos positivos da nova lei, que agardamos teñan concrección no noso Concello.

Novos núcleos rurais

O novo documento normativo tamén adecúa o contido da Lei á realidade do asentamento da poboación no medio rural de Galicia. Nese senso, faise unha definición de núcleo rural que recolle todos os tipos de agrupacións que ata o de agora carecen dunha regulación específica. Con esta medida, rómpese coas formulacións anteriores, que impedía a posibilidade de delimitacións que desen resposta ás necesidades de crecemento e desenvolvemento dos asentamentos rurais. Coa formulación anterior inviabilizábanse os plans xerais da maior parte dos municipios, nos que o asentamento predominante é o rural.

A lei de ordenación indica que serán os propios plans xerais os que establecerán o réxime urbanístico dos núcleos rurais, polo que se recupera o protagonismo dos plans xerais, para establecer a ordenación detallada dos núcleos rurais e prever o alcance e os termos das actuacións de carácter integral neles.

Este documento fixa catro tipos posibles de núcleos rurais nos plans xerais municipais: núcleo rural histórico tradicional, que recolle o carácter esencial o núcleo rural que mantiña a Lei; núcleo rural consolidado; limitado polo grao de consolidación da edificación que será igual ou superior ao 50% da superficie; núcleo rural non consolidado, neste caso o grao de consolidación da edificación sitúase entre un 33 e 50%; e núcleo rural complexo, caracterizado pola concorrencia e compatibilidade de características propias do núcleo tradicional e de calquera dos outros dous contemplados.

No texto tamén se recupera o Plan Especial de Ordenación de Núcleo Rural que, formulado e aprobado pola administración local, terá unhas funcións de apoio e desenvolvemento do plan xeral no solo de núcleo rural análogas ás que os Plans Especiais de Reforma Interior (PERI) manteñen no solo urbano consolidado. Cando este plan especial se formulen cun contido limitado, a súa tramitación tamén se axustará a un procedemento máis sinxelo, similar ao previsto para a aprobación dos estudos de detalle.

Por último, no ámbito dos núcleos rurais avánzase nunha maior incidencia na protección e recuperación de elementos característicos da arquitectura rural e na conservación da morfoloxía dos núcleos históricos tradicionais, da súa estrutura parcelaria histórica e dos seus usos tradicionais, que se fan obxecto dun planeamento especial de estrita natureza protectora

Anuncios
Published in: on 18 abril, 2010 at 9:43  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/04/18/xaquin-garcia-non-contempla-ningunha-partida-economica-para-adaptar-o-pxoma-a-nova-lei-do-solo/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: