OS SOCIALISTAS PIDEN A REPOSICIÓN DO FIRME POLAS OBRAS DE CANALIZACIÓN DO ALCALTARILLADO NA PARROQUIA DE LEMA, COA INCAUTACION DA FIANZA EN CASO DE INCUMPLIMENTO POLA EMPRESA ADXUDICATARIA.-

Arzúa. 19 de abril de 2010. As obras de saneamento e da depuradora de augas residuais en Arzúa, foi adxudicada pola  anterior Conselleria de Medio Ambiente á empresa Acciona, cando estabao frente o socialista Manuel Vázquez.-A adxudicación foi formalizada pola  Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, dependente de Augas de Galicia,.

Esta obra que inclue o emisario que canaliza as augas fecais ata a EDAR da Parroquia de Lema, conta cun orzamento de tres millóns de euros, e foi adxudicada a mediados do ano 2007, coa redacción do proxecto e a súa execución á empresa indicada.-

Un grupo de representantes socialistas xuntamente con veciños da parroquia de Lema, visitaron distintas vias públicas  polas que  discorre a canalización, comprobando que sufre un grave deterioro de afundimento que incluso pode revistir perigo para a circulación.-

“A estrada que conduce de Arzúa a Santiso no sentido de circulación cara este Concello, polo afundimento na zona por onde se soterra a cañeria  que supón varios centímetros de cambio de nivel, reviste un perigo evidente para a circulación vial,porque verse obrigados alguns conductores a ciricular polo medio da calzada” –indica Xabier Pintor.-

“Igualmente –continúa o representante socialista- nas zonas interiores de pistas que unen distintos núcleos, sobre todo en Lema de Abaixo, existen  afundimentos considerables e zonas de gretas que acumulan auga e reviste igualmente perigo no transito de vehículos e persoas”

Os socialistas ante a pasividade do Goberno municipal, porán en coñecimento de Augas de Galicia estes deterioros que por obriga contractual debe acometer urxentemente a empresa adxudicataria ACCIONA, solicitandolle en caso contrario que se proceda de oficio a reparación destos desperfectos coa incautación da parte da fianza que supoña o importe desta reparación.-

Igualmente pedirán as xustificacións oportunas pola demora na posta en funcionamento da EDAR, toda vez que se anunciara estaría rematada a finais de febreiro deste ano e  “compre apurar o máximo a posta en servizo desta estación de tratamento de augas residuais, toda vez que na actualidade e dende fai moitos anos estanse  vertendo directamente ao rio Iso, sen nengun control ou tratamento, o que  obriga a apurar ao máximo  a obra, para non contaminar xa mais este cauce fluvial”- remta Xabier Pintor.-

Anuncios
Published in: on 19 abril, 2010 at 12:57  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/04/19/os-socialistas-piden-a-reposicion-do-firme-polas-obras-de-canalizacion-do-alcaltarillado-na-parroquia-de-lema-coa-incautacion-da-fianza-en-caso-de-incumplimento-pola-empresa-adxudicataria/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: