Preto de 1.200 persoas visitaron a oficina de información turística de

Arzúa, a 20 de abril de 2010.- O feito de que o Concello de Arzúa estea situado en pleno Camiño de Santiago teno convertido nun punto de paso obrigado para os centos de peregríns que en pleno Ano Santo seguen o seu percorrido cara Compostela. A maiores, Arzúa tense convertido no destino verde de Galicia e nun dos espazos que goza dun maior número de casas de turismo rural por quilómetro cadrado. Todos estes condicionantes teñen motivado a grande afluencia de usuarios que rexistrou nos últimos meses a oficina de información turística de Arzúa. Os datos de concurrencia foron dados a coñecer na mañá de hoxe polo Alcalde de Arzúa, Xaquín García, que amosaba a súa satisfacción por poder ofrecer aos peregrinos e turistas un lugar onde informarse de maneira fiable das oportunidades e posibilidades que ofrece un concello como Arzúa, situado ás portas de Compostela e na confluencia de dous Camiños, o Francés e o do Norte.

O informe elaborado pola técnica de turismo que atendeu o servizo durante este período, Mary Sánchez, destaca que dende o pasado mes de outubro un total de 1.177 persoas visitaron a oficina de turismo, deste número 748 persoas fixérono nos últimos dous meses. Os datos reflecten o importante número de peregrinos e turistas que se concentraron nos últimos días motivados pola chegada do bo tempo e pola presenza de máis horas de luz ao ser máis longos os días. A maior parte das persoas que recaban información deste servizo son peregrinos que percorren a Ruta Xacobea camiño de Compostela e que se interesan por buscar aloxamento, por visitar lugares de interese de Arzúa, por coñecer os horarios de transporte, obter información xeral sobre a nosa comunidade ou mesmo datos concretos sobre as outras rutas a Compostela como son o Camiño do Norte ou o de Fisterra Muxía. Máis do 60% das persoas que pasaron polo punto de información turística procedían dalgunha rexión do Estado, salientando as comunidades de Andalucía, Cataluña, Madrid, o País Vasco e mesmo a propia Galicia. Aínda así, e tal e como sinala o informe producíronse consultas de persoas procedentes de todas as comunidades autónomas, mesmo de Ceuta e Melilla. No caso dos turistas procedentes do estranxeiros salientan os procedentes de países como Alemaña, Italia, Francia e os Estados Unidos. Aínda que tamén se achegaron outros procedentes de países tan dispares como México, Xapón, Hungría, Austria ou Corea. O Alcalde de Arzúa, Xaquín García, sinalaba que á vista dos datos “é doado entender que o punto de información turística constitúe hoxe en día un servizo imprescindible nun concello das características do noso xa que se trata dunha xanela dende a que damos a coñecer o mellor de nós mesmos, é o escaparate de Arzúa no mundo”. De feito polo punto de información de Arzúa pasan a diario persoas procedentes dende os distintos lugares do mundo, dende os máis coñecidos ata aqueles recunchos máis insospeitados. A día de hoxe o Concello de Arzúa está á espera de que a Xunta de Galicia resolva a convocatoria dos denominados Programas de Cooperación, a través dos cales a entidade local ten solicitada unha subvención que permita a contratación dunha persoa para que poida reabrirse a oficina á maior brevidade tralo seu peche esta mesma semana ao finalizar o contrato da persoa que atendía o servizo.

Anuncios
Published in: on 20 abril, 2010 at 11:54  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/04/20/preto-de-1-200-persoas-visitaron-a-oficina-de-informacion-turistica-de/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: