Cultura segue esixindo autorización de Patrimonio para as actuacións

Arzúa, a 22 de abril de 2010.- A Consellería de Cultura e Turismo

da Xunta de Galicia vén de remitir un escrito ao Alcalde de Arzúa, Xaquín

García, no que especifica con claridade que para calquera intervención que

se produza no denominado territorio histórico do Camiño Francés resulta

obrigatoria a obtención da autorización da Dirección Xeral de Patrimonio

tal e como establece a Resolución do 12 de novembro de 1992, con

independencia da cualificación urbanística do solo sobre o que se actúe.

A resposta da Consellería de Cultura atende a unha petición

formulada meses atrás polo Alcalde de Arzúa, Xaquín García, cando éste

ostentaba a presidencia da Mancomunidade de Concellos Galegos do

Camiño Francés, e se interesou por tratar de axilizar os trámites para a

concesión de licenzas naqueles lugares ou parroquias polos que aínda que

transcorrese o Camiño Francés estaban moi alonxados das zonas laterais e

do contorno do vial do propio Camiño.

O Alcalde amparaba a súa

solicitude buscando facilitar os trámites que os veciños de oito parroquias

de Arzúa afectadas polo Camiño Francés deben acometer cando precisan

solicitar unha licenza urbanística e contaba cun informe elaborado polo

gabinete de asesoramento e asistencia ás corporacións locais da Deputación

Provincial de Lugo sobre o réxime xurídico das licenzas urbanísticas dentro

do ámbito territorial denominado “territorio histórico” do Camiño Francés,

que sinala que “nos solos urbanos e nos solos de núcleo rural fóra das

zonas laterais de protección e da zona de protección do contorno recollidas

na Lei 3/1996 de 10 de maio, non cabe intervención da Administración

Patrimonial previa á concesión de licenza”.

Isto significa que, no caso de Arzúa, os veciños das parroquias de

Boente, Figueiroa, Lema, Rendal, A Castañeda, Arzúa, Burres e Santa

María só terían que pedir autorización a Patrimonio cando quixesen

acometer algunha actuación que tivera lugar nunha marxe de 30 metros ao

carón do Camiño ou cando existen elementos catalogados pero nunca se as

obras se acometesen fóra desa zona, para o que abondaría coa pertinente

autorización municipal. En palabras do Alcalde “isto implicaría un grande

beneficio para moitos veciños de Arzúa que obtería a correspondente

licenza en moito menos tempo e con moitos menos trámites burocráticos,

sería unha maneira de poñerlle as cousas moito máis doadas a todos os

cidadáns”.

A Consellería de Cultura non o entende así e sinala que a normativa

que recolle a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia e a Lei de Protección

dos Camiños de Santiago esténdese a todo o territorio histórico do Camiño

e con independencia da cualificación urbanística do solo, porque todo ese

territorio histórico é ben de interese cultural e, polo tanto, calquera

intervención que nel se faga requerirá a autorización da Consellería de

Cultura e Turismo, que ademais e a modo de sobreprotección deberá

autorizar actuacións específicamente previstas na Lei de protección dos

Camiños nas zonas laterais e de protección do contorno do vial ou sendeiro

existente dentro dese territorio histórico e que non pode confundirse con el.

Dende a Consellería engaden ademais que “ a consecuencia da

ausencia de autorización por parte da Consellería de Cultura levaría a que

as licenzas urbanísticas así outorgadas polos Concellos fosen nulas de

pleno dereito e daría lugar a aplicación por parte da Administración

Autonómica do réxime sancionador previsto tanto na normativa de

protección do patrimonio cultural como dos Camiños de Santiago”.

Con isto e segundo explicou o Alcalde, seguirá sendo necesario que

os veciños de Arzúa das zonas afectadas teñan que seguir pedindo

autorización a Patrimonio para acometer algunha obra e non lles sexa

suficiente coa licenza municipal e seguirá sendo así ata que a Consellería

de Cultura non aprobe a delimitación do Camiño Francés; unha petición

que dende a Alcaldía de Arzúa “se leva reiterando en numerosas ocasións

porque entendemos que é unha prioridade absoluta e unha necesidade

inminente para a defensa dos intereses dos nosos veciños, que aforrarían

moitos trámites e moito tempo”.

A propia Consellería de Cultura recoñece no seu escrito a necesidade

urxente de delimitar o Camiño, trámite pendente dende o ano 1996 e sinala

que a partir deste mes de maio se retomará o proceso unha vez que os

traballos de estudo previo xa quedaron feitos polo Goberno Bipartito

mediante un investimento superior ao millón de euros.

 

 

Anuncios
Published in: on 22 abril, 2010 at 12:46  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/04/22/cultura-segue-esixindo-autorizacion-de-patrimonio-para-as-actuacions/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: