O artigo da fin de semana: ARZUÁNS NA HABANA

 

A sociedade Partido Judicial de Arzúa na Habana foi fundada no ano 1924 sendo o seu primeiro presidente Francisco García Naveiro. Orixinario do Concello do Pino, García Naveiro emigrara con 15 anos a Cuba onde comezou desenvolvendo oficios humildes. Despois de introducirse no sector comercial e hostaleiro triunfou  no mundo das finanzas chegando a ocupar a dirección de La Caja de Ahorros, do Banco Gallego e mesmo chegou a presidir o Centro Gallego de La Habana. Doou para o seu concello un edificio para escola sostenida do seu peculio particular.

Este colectivo, que ten sido unha das máis importantes sociedades comarcais das constituidas en Cuba tiña como finalidade, nos seus inicios, achegar apoio moral, solidario e económico coas súas respectivas vilas natais. Así, en 1928, despois de que se recibira unha carta dende Boimorto remitida por Jesús Lodeiro Muiña, onde se informaba que por Real Orde do Ministerio de Traballo quedaban suspendidas as feiras desa localidade, mentres que noutras non, os membros da directiva da Sociedade arzuá na illa caribeña acordaron interceder neste asunto poñendo a todo o seu equipo xurídico ao dispor de tan importante causa. Desta maneira, esta sociedade foi capaz de tomar parte nun asunto tan trascendental e cumprir así co seu compromiso adquirido.

Houbo un feito que pon de manifesto as boas relacións entre sociedades de emigrantes arzuáns no exterior. Fora no ano 1926 cando a Sociedade Arzuá na Habana recibía dos seus compatriotas de Bos Aires unha tarja litográfica conmemorativa do voo de Ramón Franco na súa meta Palos de Moguer – Bos Aires. Por tal motivo ofreceuse un brindis aos asociados e en agradecemento  acordaron enviar á homóloga entidade en Arxentina un retrato da directiva, outro da última xira celebrada e unha carta de agradecemento.

Aínda que con finalidades ben distintas, a Sociedade Partido Judicial de Arzúa na Habana continúa constituida, e a día de hoxe conta cunha nómina de máis de 700 asociados.

POR ARMANDO CASCÓN

Anuncios
Published in: on 24 abril, 2010 at 6:39  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/04/24/o-artigo-da-fin-de-semana-arzuans-na-habana/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: