CALENDARIO LABORAL PARA O 2011

A Xunta de Galicia deu  luz  verde  ao  proxecto  de  decreto  que  determina  o calendario  laboral  para  o  ano  2011  en  Galicia.  Esta  axenda  recolle  tanto  os  festivos nacionais  como  os  autonómicos,  de  xeito  que  son,  en  total,  once  días  festivos  de carácter retribuído e non recuperable. É preciso sinalar que, ao coincidir o 1 de maio (Festa do Traballo) e o 25 de decembro, (Nadal)  en  domingo,  estes  festivos  serán  substituídos  polo  17  de  maio  (Día  das  Letras Galegas) e polo 19 de marzo (Día de San Xosé). Polo tanto, o calendario laboral quedará configurado así:

1 de xaneiro          Aninovo

6 de xaneiro          Día de Reis

19 de marzo            San Xosé

21 de abril             Xoves Santo

22 de abril             Venres Santo

17 de maio         Día das Letras Galegas

25 de xullo              Santiago Apóstolo – Día de Galicia

12 de outubro         Día da Hispanidade

1 de novembro    Todos os Santos

6 de novembro    Día da Constitución

8 de decembro      A Inmaculada

A estes días haberá que sumar as dúas festas locais, que dependerán en cada caso dos distintos concellos, e que serán publicadas tanto nos boletíns oficiais da provincia como no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Published in: on 18 junio, 2010 at 9:46  Dejar un comentario  

DIGNA RETIRADA

Dende mozo manifestou un gran espírito emprendedor. Nunca lle amedrentaron as dificultades e xunto cos seus irmáns puxo en marcha unha florecente empresa familiar antes de dedicarse á política. Moitas das infraestructuras das que nos deleitamos hoxe en Arzúa non existirían se León non se implicara en política. Pepe León dedicouse con esforzo e tenacidade froito da súa inquedanza cara ao ben común. Foi un político pragmático que sempre exerceu non só con palabras senón tamén con feitos de arzuán e de galego leal.

A León seguro que non lle faltan motivos para marchar e que lle foi comprometido tomar esta decisión. Pero hai algo do que Pepe sempre foi consciente. Algo do que aínda a día de hoxe non reparan moitos alcaldes e concelleiros. Que existe vida despois da política. Dende a miña distancia, sobre todo cos postulados do seu equipo, creo que a súa traxectoria en política e a súa xestión como Concelleiro de Obras e de Servizos é moi meritoria e digna de mención. Sempre vin en Pepe un home honesto, preocupado, traballador incansable. Un home de parroquia que gobernou dende o talante antepoñendo sempre o factor humano ás controversias que o seu posto comportaba. Pero sobre todo gobernou sen odios nin rancores para ninguén. Por iso, sen ningún tipo de pudor podo dicir hoxe que a Pepe León o que lle sobra é coherencia e dignidade para irse. Sorte e parabéns.

Armando Cascón

 

Published in: on 11 junio, 2010 at 19:58  Dejar un comentario