ARZÚA CONSEGUE UN INVESTIMENTO DE 231.000 PARA ACONDICIONAR O NÚCLEO TRADICIONAL DE BOENTE DE ARRIBA

Arzúa, a 10 de abril de 2010.- O goberno municipal de Arzúa remitirá nos vindeiros días á Consellería de Cultura e Turismo un certificado de titularidade pública dos terreos do lugar de Boente de Arriba coa finalidade de que o departamento autonómico poida seguir cursando a tramitación do expediente que dará lugar á posta en valor e acondicionamento dun dos tramos máis significativos do Camiño Francés ao seu paso por Arzúa, o que transcorre polo núcleo de Boente de Arriba.

         A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, vén de remitir ao Concello un exemplar do proxecto así como a resolución de Patrimonio na que se emite un informe favorable para a realización desta actuación, que foi solicitada meses atrás dende o equipo de Goberno Municipal xunto con outra serie de medidas, das que aínda nada se sabe, precisas para a promoción e conservación do Camiño de Santiago ao seu paso por este municipio.

         O proxecto elaborado pola Consellería de Cultura e Turismo conta cun orzamento de 231.141,60 euros que se empregarán na posta en valor dun núcleo tradicional do Camiño axustando a intervención ás súas características, potencialidades e estado actual. (más…)

Published in: on 11 abril, 2010 at 8:14  Dejar un comentario  

A EXPOSICIÓN GALICIA DIXITAL CHEGARÁ TAMÉN A ARZÚA

Arzúa. 29 de marzo de 2010. “Meta do Camiño” es un cortometraje en cuatro dimensiones (3-D acompañado de efectos especiales) en el que un peregrino acompaña e ilustra al visitante en un breve recorrido por los lugares más relevantes de la Catedral de Santiago. Esta es la primera ocasión en la que la exposición Galiciadixital, que organiza la Secretaría Xeral de Medios de la Xunta, incluye contenidos que tienen como objetivo conmemorar el primer cuarto de siglo de la Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG).

Además del vídeo conmemorativo del 25 aniversario de la CRTVG, se exhiben objetos relacionados con la historia de la radio y la televisión y una serie de paneles ilustrativos de la historia de la compañía. Esta exposición, que tiene su sede permanente en el Monasterio de San Martiño Pinario, en Santiago, pretende mostrar los contenidos audiovisual y multimedia realizados por empresas y universidades de la Comunidad. La muestra se exhibirá hasta finales de año en trece localidades gallegas ente ellas en Arzúa.

 

Published in: on 29 marzo, 2010 at 10:05  Dejar un comentario  

OS SOCIALISTAS PIDEN QUE SE RETOME O PROXECTO DE GASIFICACION DA ZONA URBANA DE ARZUA

 

Arzúa. 28 de marzo de 2010. A posibilidade de contar con gas en Arzúa ven sendo unha frustración tras outra, asi o indica X. Pintor, voceiro socialista, que explica “o 22  xaneiro de 1997 publicouse no Diario de Galicia a concesión administrativa a Repsol Butano S. A. (hoxe REPSOL-YPF) a concesión administrativa para o servizo público de distribución e subministración de gas propano comercial no municipio, e, 13 anos despois, seguimos esperando”.-

Xa que logo, ”faise moi necesario a negociación coas distintas empresas para convencelas para a instalación deste servizo tan necesario na actividade domestica e industrial, á que os socialistas non renunciamos e nos comprometemos para nun futuro proximo teñamos gas cidade nos nosos domicilios e empresas” .-indican dende o lar socialista.- (más…)

Published in: on 28 marzo, 2010 at 10:59  Dejar un comentario  

OS SOCIALISTAS DIN QUE O INFORME DA XUNTA DE GALICIA PARALIZA A EXECUCIÓN DO TREITO DE AUTOVÍA ARZÚA-PALAS DE REI

Arzúa. 26 de marzo de 2010. Os representantes socialistas de Arzúa e Melide, Xabier Pintor e Manuel Prado, en consulta coas demais agrupacións locais afectadas, amosan a súa postura “radialmente contraria a este informe da Xunta do Partido Popular,  que paraliza gravemente a execución desta obra que xa, por desgracia, leva moitos anos de retraso”.-

Para mostrar o seu rechazo anuncian que “manteran unha reunión comarcal socialista este sábado,  na que pedirán à Xunta que retire ese informe porque paralizaría por moito tempo este corredor e ademais non ten sentido, toda vez que estudiar outras alternativas ao norte da N-547, aparte da inviabilidade técnica, seguiria igualmente afectando sobre o LIC “Serra do Careón”,  polo que,continuan decindo, “pediremos tamén á Dirección Xeral de Carreteras do Ministerio de Fomento, que faga caso omiso a este informe” (más…)

Published in: on 26 marzo, 2010 at 16:02  Dejar un comentario  

A MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO CAMIÑO FRANCÉS ENTREVISTARASE CON FEIJOO PARA SOLICITAR MELLORAS URXENTES

Arzúa. 24 de marzo de 2010. Representantes municipales se daban cita este lunes en el Concello de Melide para celebrar la reunión de la Mancomunidade de Concellos do Camiño Francés, cuya presidencia recae este año en la alcaldesa melidense, la nacionalista Socorro Cea. En dicho encuentro se decidió solicitar al presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, una entrevista con el fin de exigir mejoras urgentes en el. velar polo seu bo estado de conservación da ruta e potenciar os seus activos é unha tarefa que nos corresponde tanto aos concellos como á Xunta de Galicia, indica a presidenta deste colectivo Socorro Cea

También desde la Mancomunidad advierten que el estado de la Ruta ha empeorado tras las malas condiciones meteorológicas del pasado invierno. Es por ello que en la entrevista con Feijóo indicarán que estas deficiencias empeoran “non só o paso, senón tamén a imaxe desta plataforma turística que é o Camiño Francés”. (más…)

Published in: on 24 marzo, 2010 at 7:14  Dejar un comentario  

O CONCELLO DE ARZÚA CONTRATA AS OBRAS DO SEGUNDO PLAN E, NAS QUE SE INVESTIRÁN MÁIS DE 700.000 EUROS

Arzúa, a 23 de marzo de 2010.- O goberno municipal de Arzúa acordou esta mañá, na Xunta de Gobeno Local, contratar as obras correspondentes aos seis proxectos que se acometerán con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local, – coñecido como segundo Plan E -, no que se investirán 700.696 euros. 

         A mellora do abastecemento de auga potable e da rede de alcantarillado así como do alumeado público na Rúa do Viso, o acondicionamento da casa da cultura, a instalación dunha centraliña telefónica de tecnoloxía de voz IP na casa consistorial,  a creación dunha rede de saneamento nos lugares do Chinelo e Capelán, na parroquia de Santa María e a mellora do saneamento no lugar de Magolán e Barros e na zona de Lema de Arriba, integran estes proxectos.

         As actuacións que se acometerán nos vindeiros meses, unha vez que agora xa se contrataron e só está pendente a adxudicación das mesmas, supoñen un grande esforzo e un compromiso en firme do goberno municipal na mellora do coidado do medio ambiente e na posibilidade de ofrecerlle aos veciños do rural o disfrute dalgúns servizos básicos como é o caso do saneamento e abastecemento de auga.

         En total, Arzúa investirá 700.696 euros, a través dos proxectos que xa foron aprobados polo Ministerio de Política Territorial na súa totalidade o pasado día 24 de febreiro. (más…)

Published in: on 23 marzo, 2010 at 15:48  Dejar un comentario  

ARZÚA ACOLLERÁ UN NOVO CURSO DO CELGA 4

Arzúa. 23 de marzo de 2010. O Servizo de normalización lingüística informa que no concello de Arzúa vaise realizar un curso do CELGA 4. Dito curso comezará o vindeiro día 5 de abril e vai ter unha duración de 75 horas. O horario é de 20:00 a 22:30 h de luns a xoves e terá lugar no Edificio Multiusos “Terra do Queixo”. Para poder asistir a dito curso téñense que poñer en contacto con Servizo de normalización lingüística chamando ao 981.500.222 ou achegándose ao Edificio Sociocultural María Mariño, sito na rúa Pai Pardo nº 33, 1º andar

Lembrade que os cursos do CELGA son os Certificados de Lingua Galega e que son o único título oficial que determina o nivel na lingua galega. Son esixidos para participar en oposicións así como en moitos aspectos da vida laboral.

Published in: on 23 marzo, 2010 at 15:43  Dejar un comentario  

BERMÚDEZ: “O PROCESO DE SELECCIÓN PARA ANIMADOR SOCIOCULTURAL NON SE ANULOU, QUEDOU DESERTO”

Arzúa. 23 de marzo de 2010. O voceiro municipal do BNG Leonardo Bermúdez declaraba hoxe para Radio Arzúa que o proceso de selección dunha praza de animador sociocultural para o Concello quedou deserto pero que en ningún momento se anulou. O motivo, segundo o portavoz nacionalista, foi que os aspirantes á praza non alcanzaron a puntuación mínima esixida. En canto ao tribunal cualificador, Bermúdez quixo aclarar que os seus membros pPsuían en todos os casos unha titulación superior á esixida para ao acceso á praza convocada.

O voceiro nacionalista aproveitou a ocasión para denunciar o caso dunha praza convocada dende a Xunta de Galicia feito público hoxe no xornal La Voz de Galicia na súa páxina número 5. Nela infórmase que dous cargos da Consellería de Facenda optan a un posto da Xunta de Galicia e á vez son membros do tribunal. “Todo un exemplo de como actúa o Partido Popular”, conclúe Bermúdez.   

Published in: on 23 marzo, 2010 at 9:16  Dejar un comentario  

A RADIO LOCAL PIDE PASO

Arzúa. 22 de marzo de 2010. As emisoras municipais farán xestións diante do Goberno de España para recibir información de cómo afecta a nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual ás radios municipais. Así, proximamente unha delegación se reunirá co Secretario de Comunicación e co director xeral de Radiodifusión. Esta conclusión é froito dunha xornada de traballo realizada o pasado fin de semana en Barcelona. Representantes de emisoras de Galicia, Andalucía, Cataluña, Mallorca e Valencia debateron a incidencia da LGCA no réxime xurídico das emisoras municipais. Un dos aspectos que máis preocupa é o proceso de dixitalización integral, que o Goberno terá que plasmar nun Plan técnico nun prazo de 18 meses. As emisoras municipais trasladarán á administración central as súas propostas nese terreo.

Durante a xornada de traballo, COMRádio deu a coñecer o funcionamento da páxina web Sindicada 2.0, Os representantes das emisoras de Andalucía, Galicia, Mallorca e Valencia amosaron o seu interese en participar desta ferramenta de intercambio de programas e de información. Finalmente todos os participantes acordaron deseñar un proxecto común de sensibilización arredor do fenómeno da inmigración. En representación das Emisoras Municipais Galegas, asistiu ao encontro o secretario de EMUGA e director de Radiofusión Henrique Sanfiz.

Published in: on 22 marzo, 2010 at 13:56  Dejar un comentario  

TODO A PUNTO

No transcurso desta semana técnicos da empresa GST de Santiago desprazaranse a Arzúa para instalar os equipos da Radio Publica Muncipal nas súas novas dependencias. As novas instalacións de Radio Arzúa serán en breve inauguradas, segundo nos comentou o alcalde Xaquín García. Un novo estudo de gravación, un arquivo, sala de máquinas, un departamento para dirección e redacción así como unha moderna sala de directo totalmente insonorizada conforman o proxecto que foi executado polo Concello de Arzúa a través do pasado Plan E que puxo en marcha o goberno. O montante desta operación ascende a case 60.000 Euros que se veñen de investir para dar vida a un novo espazo que permitirá desenvolver, a partir de agora, o noso traballo con máis comodidade e profesionalidade.

Published in: on 21 marzo, 2010 at 10:24  Dejar un comentario  

O QUE NON SE CONTA DE ARZÚA NO MADOZ

Para a elaboración do seu voluminoso Dicionario xeográfico, Pascual Madoz contou con informadores repartidos por todo o territorio do Estado. Tamén o partido de Arzúa tiña os seus comisionados, e o principal foi Juan Codesido, natural da parroquia de Santa María de Grobas (Melide) e pertencente á casa fidalga da Cuíña. Codesido, que chegou a ocupar a alcaldía de Melide no ano 1821, foi o encargado de elaborar os informes para as xurisdicións de Arzúa, Bendaña e Melide. Ao longo dos primeiros anos da década de 1840 Juan Codesido enviou a José Verea y Aguiar, presidente da Deputación Arqueolóxica Galega, algúns informes preliminares que este debería facer chegar a Madrid. Neles aportaba datos tan importantes coma a poboación das distintas parroquias, a existencia de escolas e de fontes, as riquezas minerais e a produción agraria da comarca. Pero foi en 1845 cando Codesido elaborou o último e definitivo informe no que engadía datos e corrixía outros que xa foran incluídos nos seus anteriores informes. Nembargantes ningúnha destas últimas informacións puido ver a luz, posto que o Dicionario Madoz xa pasara ao prelo, e o esforzo do informante arzuán voltou ás súas mans sen chegar a cumprir a súa función.

Así, por exemplo, segundo os últimos datos deste distinguido informante, a poboación da vila de Arzúa ascendía até os 90 veciños, fronte aos 78 que figuran no Dicionario. En troques, a vila de Melide presentaba 116 veciños fronte aos 150 que publicou Madoz. A parroquia máis poboada das tres xurisdicións de Arzúa, Bendaña e Melide era en 1845 a de Burres con 165 veciños. Outro dato significativo é que o memorial de Juan Codesido permite valorar a produción media dun campesiño arzuán arredor dos 1330 reais anuais.

Este informe consérvase no arquivo da Casa do Rego do Pazo de Boimorto e foi estudado polo historiador Antonio Presedo Garazo quen publicou un interesante artigo a partir dos datos recompilados por Codesido, que nunca chegaron ao seu destino.

POR  ARMANDO CASCÓN

Publicado no semanal Tierras de Santiago de martes día 25 de agosto de 2009

Published in: on 19 marzo, 2010 at 9:59  Dejar un comentario  

PABLO GARCÍA TRIUNFA TAMÉN EN MELIDE

Arzúa. 19 de marzo de 2010. Según conta La Voz de Galicia de hoxe na súa sección de Comarcas, Melide acolleu onte a presentación do libro Relato dun estalido xordo, obra coa que o xornalista e escritor Pablo García Martínez, natural de Arzúa, gañou o Premio Biblos-Pazos de Galicia na súa quinta edición. O acto, que se celebrou a última hora da tarde na sala de conferencias do edificio multiusos da localidade melidá, estivo presidido polo propio autor, ao que acompañaron o editor de Biblos, Tucho Calvo, e a alcaldesa, Socorro Cea. Relato dun estalido xordo contou coa titoría e asesoramento do escritor galego Manuel Rivas, que se encargou de coordinar os últimos traballos de Pablo García de cara ao remate da novela que o fixo merecedor do premio.

FOTO: Pablo García na presentación do seu libro en Arzúa. (Capela da Madanela)

Published in: on 19 marzo, 2010 at 9:32  Dejar un comentario  

VIAXE A PORTUGAL ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN DE MULLERES RUAIS DE ARZÚA.

Arzúa. 18 de marzo de 2010. O venres 16 de Abril, a Asociación de Mulleres Rurais de Arzúa organiza unha viaxe a Portugal. A excursión  terá como puntos principais do seu itinerario:

         Percorrido en barco polo río Douro.

         Visita guiada a dúas famosas bodegas do viño de Porto.

         Visita ao Santuario do Bon Xesús.

         Percorrido pola cidade de Porto.

         Segundo nos contan dende o colectivo de Mulleres Rurais, o prezo da viaxe é de 15,00 € para socias e de 20,00€ para aquelas persoas que non pertenzan Asociación.

Os interesadoa/as deben anotarse antes do día 9 de Abril no teléfono: 699973454. O autobús sairá ás  8 da maña do edifizo Terra do Queixo.

foto: Santuario de Bon Xesús. Portugal.

Published in: on 18 marzo, 2010 at 8:01  Dejar un comentario  

O PP DE ARZÚA DENUNCIA PRESUNTAS IRREGULARIDADES NO PROCESO DE SELECCIÓN DO ARQUITECTO TÉCNICO

Arzúa, 17 de marzo de 2010.- La Portavoz del Partido Popular de Arzúa, Leyre Aldasoro, denuncia la mala praxis y la falta de respeto por la transparencia y democracia de es alcalde al continuar con el proceso cubriendo la plaza de arquitecto técnico, sin que se haya notificado la resolución sobre la legalidad en la convocatoria de esta plaza, y a pesar de que está presentado un recurso de reposición por parte del  PP de Arzúa el 28 de octubre de 2009, lo que supone que el regidor se está riendo de todos los vecinos de Arzúa. Para la representante popular, “estamos ante un nuevo capítulo de excesos y ocultación de este Gobierno Municipal, fruto de su imposición e incapacidad”, por lo que le exigen “más transparencia” a la hora de convocar plazas en la administración municipal, “porque uno de los principios básicos que debe respetar todo representante público es garantizar la igualdad de oportunidades a la hora de acceder a los puestos de trabajo público, algo que no ocurre en este caso”, puntualizó Aldasoro.

Tal y como recuerda la representante popular, el pasado lunes se celebró la valoración de méritos de los candidatos a la plaza, y como era previsible y  ya denunciado por el PP la persona que ocupa el número uno es el actual aparejador, al quien el alcalde está intentando “colocar a dedo” optando al puesto fijo saltándose la normativa que toda administración pública debe respetar, sin examen y dándole las facultades de funcionario. En este sentido, el PP recuerda que en los dos años de mayoría absoluta del BNG, el alcalde le ha subido el sueldo un 111%, que actualmente asciende a cerca de 42.000 euros, disponiendo además de coche del Ayuntamiento. (más…)

Published in: on 17 marzo, 2010 at 19:45  Dejar un comentario  

OS SOCIALISTAS AFIRMAN QUE VALLE INCLAN TIÑA UNHA RELACION CON ARZUA BASTANTE MAIOR DA QUE SE TEN PUBLICADO E QUE O PERSOAXE “MARQUES DE BRADOMIN” DERIVA DO TOPONIMO BRANDESO.-

Arzúa. 17 de marzo de 2010. A sección de cultura do psoe local, que ten iniciado unha campaña reivindicando as figuras historicas locais, tanto nadas no municipio como relacionadas co mesmo, resaltan agora a obra de Ramon Maria del Valle Inclán  -como xa fixeron con Luis Seoane, no centenerio do seu nacemento este ano 2010-

“SONATA DE OTOÑO”, unha das obras fundamentales de Valle, está perfectamente ubicada en Brandeso, no seu Pazo e no seu entorno, utilizando persoaxes e toponimos propios do lugar.- Esta narración publicada en 1902 é a primeira dunhas memorias ficticias do Marqués de Bradomín, que teñen continuidade na  Sonata de Estio, de Primavera e Inverno.- Ata eiqui esto era coñecido e estaba publicado, pero dende a agrupación socialistas se estableceron contactos coa Fundación Valle Inclán, Museo e Asociación Amigos de Valle Inclán, e cotexando datos descobriron que o topónimo Brandeso figura alomenos en  15 obras deste poeta, dramaturgo e novelista universal.-Igualmente algo que se descoñecia en Arzúa, o relato corto “El Miedo” está ubicado neste lugar, facendo mención ao Prior de Brandeso e a capela existente no lugar.-

“Todos estas coincidencias en linaxes e utilización da toponia do lugar, dan pé a pensar que Valle Inclán pasou tempadas neste lugar, e tamén a de que, coincidindo coa  primeira sonata, a de outono, en que Valle crea a figura do Marqués de Bradomín inspirandose no toponimo Brandeso.”-indica Xabier Pintor, voceiro socialista.- Inspirado en Brandeso, xa que logo, Valle Inclén creou este persoaxe ficticio e referente da sua obra “Marques de Bradomín”, que os socialistas consultaron con expertos na sua obra. Concretamente  membros  da Asociación de Amigos de Valle Inclán, que lles indicaron que ten moita relación e que están preparando un estudio sobre este tema para publicar no próximo número da  revista “Cuadrante”, que editan dende fai uns anos.- Hai que suliñar que en 1981 o Rei crea por Decreto o Marquesado de Bradomín, en homenaxe a Ramón Maria del Valle Inclán. O primeiro Marques con  este título seria o seu fillo Carlos del Valle Inclán.- (más…)

Published in: on 17 marzo, 2010 at 16:15  Dejar un comentario  

Regina Castro: “O BNG PERDERÁ A MAIORÍA ABSOLUTA NAS PRÓXIMAS MUNICIPAIS”.Sobre unha posible fusión AIA- PP: “IMPOSIBLE NON HAI NADA”

 

Regina Castro, Concelleira do grupo Independente de Arzúa (AIA) compartiu palabra hoxe con nós nos estudos de Radio Arzúa. Na súa intervención, que serviu como despedida logo de presentar a súa renuncia como edil, explicou os motivos que a levaron a abandoar a política. De xeito distendido, Regina Castro fixo un percorrido pola súa traxectoria como concelleira e parouse nos acontecementos máis importantes que tiveron lugar en Arzúa no transcuros que ela formou parte da corporación. O Plan Xeral, A tentativa de moción de censura na pasada legislatura, a maioría absoluta do bng nas pasadas eleccións, a constitución do grupo AIA foron, entre outros,  os contidos aos que se refiriu nesta conversa. Tamén se refiriu a persoas que dalgunha maneira influiron na súa andaina. Castro tivo palabras  para Manuel Moscoso, Nicolás Esmorís, Leyre Aldasoro, Xavier Pintor ou Xaquín García entre outras persoas. Sobre as próximas municipais, Regina Castro non dubidou en asegurar que o BNG perderá a maioría absoluta e que AIA fará candidatura ainda que non descartou a posibilidade dunha fusión co PP. “Imposible non hai nada. Aínda que neste momento non”. Explicou.

A ENTREVISTA PODERASE ESCOITAR DE NOVO HOXE A PARTIR DAS 11 DA NOITE NA REPETICIÓN DO PROGRAMA “AS MAÑANCIÑAS DE RADIO ARZÚA”.

Published in: on 17 marzo, 2010 at 12:09  Comments (2)  

PEREGRINACIÓN A COMPOSTELA

Arzúa 17 de marzo de 2010. El 17 de abril próximo, todas las parroquias del Arciprestazgo de Ferreiros peregrinarán a la Tumba del Apóstol Santiago con motivo del Año Santo Compostelano 2010. Como preparación para esa peregrinación, El Arciprestazgo de Ferreiros va a tener una serie de encuentros los días 16, 17 y 18 de marzo, a las 8 de la tarde, en la Casa de Cultura de Arzúa para preparar este acontecimiento.

Los sacerdotes del Arciprestazgo, siendo conscientes de lo importante de esta peregrinación, invitan y animan a todos los que quieran participar a que asistan para iniciar los preparativos.

 

Published in: on 17 marzo, 2010 at 8:27  Dejar un comentario  

ARZÚA ACOLLERÁ UNHA REPRESENTACIÓN DA PAIXÓN DE CRISTO EN SEMANA SANTA.

Arzúa. 17 de marzo de 2010. El grupo de teatro aficionado Arume hace un nuevo llamamiento a todas aquellas personas que quieran participar como actores en la representación de La Pasión para que se pongan en contacto a través del teléfono 639 027 348.

Pretenden sobrepasar la barrera de los cien actores, pero a falta de dos semanas para la Semana Santa, cuentan con sesenta, dispuestos, eso sí, a interpretar más de un papel, si hiciera falta. En cambio, no dejan de llegarles peticiones para que lleven la obra a distintos lugares. Se representará gratuitamente en Arzúa, Marín, Pontevedra, Ponte Caldelas y Santiago.

Los ensayos son los viernes, de 20 a 22 horas, y los sábados, de 10 a 13 horas, en el Estadio de la Juventud y no se necesita experiencia.

Published in: on 17 marzo, 2010 at 7:53  Dejar un comentario  

O PS de G-PSOE DE ARZUA INSTITUE O 27 DE ABRIL COMO DIA DO SOCIALISMO LOCAL.-

    

Arzúa. 16 de marzo de 2010. Cúmprense este ano o 74 aniversario da súa fundación como Agrupación Local, polo que se institucionaliza o 27 de abril como “Dia do Socialismo arzuán ”

    Como orixe do socialismo historico no Concello de Arzúa, temos que referirnos ó ano  1933, no goberno da II República, coa creación da SOCIEDADE AGRARIA SOCIALISTA DE ARZUA, que ainda que coa denominación de Sociedade, realmente era e funcionaba como unha Cooperativa

    Pese a este feito histórico, que demostra a implicación dos socialistas de Arzúa coa vida agrícola e gandeira que, naqueles intres, supoñía arredor dun 80 % da actividade económica deste Municipio, realmente o nacemento da Agrupación Socialista de Arzúa, como agrupación política do PSOE, ten lugar nunha reunión celebrada a primeiros de 1936, na casa nº 16  da Rúa do Carme, a de Pedro Mosquera Boo “Pedro do Zapateiro”. (más…)

Published in: on 16 marzo, 2010 at 15:55  Dejar un comentario  

POLA NOSA LABOURA EN PRO DO MUNDO DO CABALO

 

O equipo de Radio Arzúa recibe de mans do presidente da Asociación O Estribo a distinción de CABALEIRO DE HONRA. Foi no transcurso da cea que tivo lugar o pasado sábado con motivo da III Ruta Cabalar que se celebrou no restaurante Guerra, ao carón da Feira do gando. Dende o equipo de Radio Arzúa continuaremos traballando arreo para promocionar, defender e difundir todas as actividades e eventos que se desenvolvan dende este colectivo. En nome de todos os que facemos Radio Arzúa moitas felicidades polo éxito acadado.

Published in: on 16 marzo, 2010 at 8:25  Dejar un comentario