DIGNA RETIRADA

Dende mozo manifestou un gran espírito emprendedor. Nunca lle amedrentaron as dificultades e xunto cos seus irmáns puxo en marcha unha florecente empresa familiar antes de dedicarse á política. Moitas das infraestructuras das que nos deleitamos hoxe en Arzúa non existirían se León non se implicara en política. Pepe León dedicouse con esforzo e tenacidade froito da súa inquedanza cara ao ben común. Foi un político pragmático que sempre exerceu non só con palabras senón tamén con feitos de arzuán e de galego leal.

A León seguro que non lle faltan motivos para marchar e que lle foi comprometido tomar esta decisión. Pero hai algo do que Pepe sempre foi consciente. Algo do que aínda a día de hoxe non reparan moitos alcaldes e concelleiros. Que existe vida despois da política. Dende a miña distancia, sobre todo cos postulados do seu equipo, creo que a súa traxectoria en política e a súa xestión como Concelleiro de Obras e de Servizos é moi meritoria e digna de mención. Sempre vin en Pepe un home honesto, preocupado, traballador incansable. Un home de parroquia que gobernou dende o talante antepoñendo sempre o factor humano ás controversias que o seu posto comportaba. Pero sobre todo gobernou sen odios nin rancores para ninguén. Por iso, sen ningún tipo de pudor podo dicir hoxe que a Pepe León o que lle sobra é coherencia e dignidade para irse. Sorte e parabéns.

Armando Cascón

 

Anuncios
Published in: on 11 junio, 2010 at 19:58  Dejar un comentario  

O artigo da semana. O MOVEMENTO SOLIDARIO EN ARZÚA

 

 

(más…)

Published in: on 13 abril, 2010 at 6:07  Dejar un comentario  

O artigo da fin de semana: Da rúa do Norte a Ramón Franco

 

 

(más…)

Published in: on 10 abril, 2010 at 7:09  Dejar un comentario  

O artigo da semana: A implicación do deputado Barreiro con Arzúa

 

(más…)

Published in: on 6 abril, 2010 at 7:54  Dejar un comentario  

O artigo da fin de semana: UNHA OLLADA Á SANTA LEOCADIA DE BRANZÁ DO S. XVII

(más…)

Published in: on 2 abril, 2010 at 10:38  Dejar un comentario  
Tags:

O artigo da semana. Un século de promesa incumprida

(más…)

Published in: on 30 marzo, 2010 at 6:10  Dejar un comentario  

Artigo da fin de semana

 

 BENBEXO (más…)

Published in: on 26 marzo, 2010 at 11:29  Dejar un comentario  

Artigo da semana

PONTE LADRÓN (más…)

Published in: on 23 marzo, 2010 at 7:02  Dejar un comentario  

O QUE NON SE CONTA DE ARZÚA NO MADOZ

Para a elaboración do seu voluminoso Dicionario xeográfico, Pascual Madoz contou con informadores repartidos por todo o territorio do Estado. Tamén o partido de Arzúa tiña os seus comisionados, e o principal foi Juan Codesido, natural da parroquia de Santa María de Grobas (Melide) e pertencente á casa fidalga da Cuíña. Codesido, que chegou a ocupar a alcaldía de Melide no ano 1821, foi o encargado de elaborar os informes para as xurisdicións de Arzúa, Bendaña e Melide. Ao longo dos primeiros anos da década de 1840 Juan Codesido enviou a José Verea y Aguiar, presidente da Deputación Arqueolóxica Galega, algúns informes preliminares que este debería facer chegar a Madrid. Neles aportaba datos tan importantes coma a poboación das distintas parroquias, a existencia de escolas e de fontes, as riquezas minerais e a produción agraria da comarca. Pero foi en 1845 cando Codesido elaborou o último e definitivo informe no que engadía datos e corrixía outros que xa foran incluídos nos seus anteriores informes. Nembargantes ningúnha destas últimas informacións puido ver a luz, posto que o Dicionario Madoz xa pasara ao prelo, e o esforzo do informante arzuán voltou ás súas mans sen chegar a cumprir a súa función.

Así, por exemplo, segundo os últimos datos deste distinguido informante, a poboación da vila de Arzúa ascendía até os 90 veciños, fronte aos 78 que figuran no Dicionario. En troques, a vila de Melide presentaba 116 veciños fronte aos 150 que publicou Madoz. A parroquia máis poboada das tres xurisdicións de Arzúa, Bendaña e Melide era en 1845 a de Burres con 165 veciños. Outro dato significativo é que o memorial de Juan Codesido permite valorar a produción media dun campesiño arzuán arredor dos 1330 reais anuais.

Este informe consérvase no arquivo da Casa do Rego do Pazo de Boimorto e foi estudado polo historiador Antonio Presedo Garazo quen publicou un interesante artigo a partir dos datos recompilados por Codesido, que nunca chegaron ao seu destino.

POR  ARMANDO CASCÓN

Publicado no semanal Tierras de Santiago de martes día 25 de agosto de 2009

Published in: on 19 marzo, 2010 at 9:59  Dejar un comentario  

OS NOVOAS DE PANTIÑOBRE

Non todas as familias souberon adaptarse aos cambios da historia. Moitas, vencelladas estreitamente ás estructuras do Antigo Réxime comezaron a fenecer coa desaparición da sociedade que lle daba sentido. Os Novoas foron unha escepción. Familia fidalga da parroquia de Pantiñobre, adaptouse rapidamente ás novas estructuras do Estado Liberal e así puido manter a súa influencia na contorna. Dende Pantiñobre deron o salto á cidade establecéndose na Rúa Nova Compostelá e dalí á Universidade para pasar a desenvolver profesións liberais que lle permitían manter o nivel de vida sen depender das rendas territoriais, e finalmente deron tamén o salto á política. En 1877 Joaquín Novoa López chegou a ocupar o sillón de mando en Arzúa que mantivo até 1881. En 1893 voltaría como 1º Tenente de Alcalde da corporación presidida polo Señor de Bascuas. A Novoa López correspondéralle organizar os festexos pola voda de Alfonso XII con María de las Mercedes; para a ocasión este partidario de Cánovas, iluminou os edificios institucionais e fixo colgar bandeiras nacionais na praza da vila bautizada co nome do monarca. Aquel día estreou un novo bastón de mando valorado xa daquela en 50 pts. Varios dos seus descendentes continuaron dedicándose á política,  foi o caso de Vicente Novoa que representaría o distrito de Arzúa na Deputación e Jesús Novoa que foi concelleiro en Arzúa.

POR ARMANDO CASCÓN

Foto: Familia Nóvoa no Pazo de Pedride. Arquivo particular de Armando Cascón

Published in: on 15 marzo, 2010 at 9:53  Dejar un comentario  

EXEMPLO DE MULLER TRABALLADORA (Polo 8 DE MARZO)

 

Callos de domingo, de feiras e festa patronais. Xantares doutrora non os houbo mellores en toda a comarca. -Os da Señora Carme. ¡Estes si que son callos¡- escoiteille dicir ao cura Castro un mércores de retiro baixando as escaleiras do comedor. Porque os curas saben elixir e non reparan en demasía. Tampouco ela reparaba en tempo nin en adicación. Toda ela era sinxeleza e humildanza. Canta sabiduría culinaria pechada entre catro paredes naquela cociña dos mil olores e sabores. Aromas de nostalxia da miña infancia.

Ser neto da Sra Carme de Florencio supoñía moito máis que un título de nobleza. Era posuir o privilexo de ter unha porta aberta en cada aldea da contorna con toda a facenda ao teu dispor. Que arzuán non a acorda sentada ao pé dos pucheiros inverno e verán, outono e primavera, día, noite, sábados e domingos coa sua faciana sempre sorinte e servicial. Quen pola Fraga do Rei ou pola rúa do Norte non se decata daquel retintineo de pucheiros, potas e tixolas en plena algarabía. Sons melodiosos e arrecendos de arte e tradición culinaria convertidas hoxe en signos de identidade da paisaxe vilega arzuá.

Xa o dicía o grande poeta Eladio Rodríguez. Cando a cociñeira ten arte e ten maña/ é manxar de deuses, porque sabe a groria/ porque se agarima, porque nunca farta/ porque resucita os mortos/ e ata os vivos sana. Así era ela. A miña avoa.

Por Armando Cascón.

Published in: on 13 marzo, 2010 at 8:23  Comments (1)  

AS ORIXES DO SERVIZO TELEFÓNICO EN ARZÚA

No ano 1910, inmersos nunha situación de tensión política protagonizada polos grupos solidarios e agraristas neste ámbeto comarcal, a representación en Cortes do distrito de Arzúa tería en Ramón Sanjurjo Neira y Pardiñas o seu fío condutor dende 1907 até 1919. Emparentado coa casa de Brandeso a través da súa nai Sofía Neira Florez, este político con título nobiliario de Marqués de Casa Pardiñas, e con importantes propiedades en Melide e noutros lugares, non tivo na política unha das súas afeicións senón que tiña na atención ás necesidades do seu distrito nas Cortes un dos seus pasatempos. A el atribúeselle a apertura hai agora un século da liña telefónica entre Melide e Arzúa.

Este novo treito viña a engadirse ao xa establecido en tempos do alcalde arzuán José Lamas Vélez (Tronceda 1844 -Brandeso 1910), treito que conectara a cidade de Santiago coa vila de Arzúa. Isto supuxera xa daquela o establecemento dunha estación telefónica na vila, para a cal o Director Xeral de Comunicacións solicitara do Concello local e mobiliario, concedéndolle este o baixo que ocupaba a administración de correos. O día 3 de xuño de 1892 a prensa recollía a boa nova da posta en marcha deste servizo, aínda pese ás interrupcións que causaran algúns labradores botando abaixo os postes da liña froito dos perxuizos e da desconfianza xurdida do descoñecemento deste avance tecnolóxico.

 POR ARMANDO CASCÓN RODRÍGUEZ

 FOTO: Ramón Sanjurjo Neira y Pardiñas, Marques de casa Pardiñas. Arquivo particular de Armando Cascón.

PUBLICADO O DÍA 12 DE MARZO DE 2010 EN TIERRAS DE SANTIAGO.                                                                    

Published in: on 9 marzo, 2010 at 8:47  Dejar un comentario  

A PRIMEIRA CAIXA DE AFORROS EN ARZÚA

 

En pleno debate sobre a controvertida fusión das Caixas en Galicia quixeramos hoxe dedicar un intre para o recordo do establecemento da primeira entidade bancaria en Arzúa, La Caja de Ahorros  Monte de Piedad de La Coruña que se atopa precisamente na orixe da actual Caixa Galicia.

Fora no mandato do alcalde arzuán Mouriño Barbeito cando tivo lugar a súa instalación no municipio. A importancia administrativa de Arzúa, cabeceira de comarca e capital do Partido Xudicial, determinaba en boa parte a consolidación dunha base financeira na vila. Como mostra de boa acollida, o Consistorio depositou na nova sucursal os seus fondos que na liquidación feita cara a finais de setembro de 1945 ascendían a 29.350 pts. En adiante a sucursal Monte de Piedad funcionaría como depósito dos fondos municipais en substitución do Banco Pastor de Melide que o fora até entón. Deixaba pois, o Concello de depender dunha institución bancaria situada noutra vila para beneficiar á que se instalaba en Arzúa.   

En materia institucional Juan Rodríguez Paredes, daquela alcalde en funcións, fora o encargado de oficiar a inauguración da sucursal da Caja de Ahorros Monte de Piedad da Coruña o día 14 de xullo de 1946, en vésperas das festas patronais. Esta inauguración converteuse nun dos actos con máis relevancia no tempo do Franquismo en Arzúa. Naquela xornada un numeroso grupo de autoridades locais e provinciais presidido polo Gobernador Civil deuse cita na vila. Comezou o día cunha misa celebrada polo Vigairo Capitular da Diócese na igrexa parroquial. Concluída a cerimonia, un grupo de autoridades dirixiuse ás novas oficinas ubicadas na casa de Costoya, na rúa de Ramón Franco, co gallo de participar na beizón dos locais nos que a continuación se procedeu á entrega dun donativo de víveres ás familias máis necesitadas da vila, mentres que os convidados foron obsequiados cun xantar en Casa Juana, un dos restaurante con máis sona en Arzúa.

Artigo publicado no periódico Tierras de Santiago de 23 de febreiro de 210.

Published in: on 22 febrero, 2010 at 10:42  Dejar un comentario  

ARZÚA NO CÓDICE CALIXTINO

 

O Códice Calixtino, a principal xoia do arquivo da Catedral de Santiago, acaba de se publicar en galego baixo a coidada edición de A Nosa Terra. Contén cinco libros de variada temática dos cales o máis coñecido é o quinto, a primeira guía do Camiño de Santiago. Esta guía do peregrino conta as xornadas, as poboacións polas que pasa o camiño, as calidades das súas xentes e remata cunha interesante descrición de Santiago e da súa catedral así como das prácticas devocionais máis comúns dos camiñantes. Arzúa aparece citada dúas veces neste libro, aínda que con outro nome, o de Vilanova. Denominación que relembraba daquela a súa recente creación. A primeira cita aparece na enumeración dos pobos situados entre a vila de San Miguel e Compostela. Nesta ocasión o autor da guía refírese tamén a Santiago de Boente e á aldea da Castañeda ata a cal os peregrinos portaban unha pedra que era cocida nos fornos de cal para a construción da basílica do Apóstolo. A segunda referencia a Vilanova aparece no capítulo XI do que se relata mediante parábolas a acollida que debían recibir os camiñantes: Estando en Vilanova (Arzúa) un peregrino pediulle esmola a unha muller que tiña un pan entre as brasas quentes. Ela contestoulle que non tiña pan, e cando aquel peregrino xa estaba lonxe achegouse a mala muller ás brasas pensando coller o seu pan pero atopou unha pedra no canto do pan.

Artigo publicado no periódico Tierras de Santiago de 16 de febreiro de 2010.

Published in: on 17 febrero, 2010 at 15:25  Dejar un comentario