RECUNCHOS

 

A apertura do Mesón de Ribadiso marca en Arzúa a tempada alta para peregrinos. Situado en pleno camiño de Santiago ao carón do albergue de peregrinos e á veira do Río Iso, este establecento esta rexentado por Manuel Ramos, veciño do lugar que xunto cos seus dous fillos e a súa dona engrandecen este recuncho de ledicia e de saborosos menús. Por encarga pódense degustar suculentas carnes á brasa. Alfonso, irmán de Manuel estará en todo momento disposto a amenizar a sobremesa con anécdotas do camiño ou outros contos do lugar. Aconsellovos unha visita, de seguro desfrutaredes dunha amena parolada e da auténticidade dunha boa cervexa fría nunha tarde calquera de primavera.

Foto: de esquerda a dereita: Moncho Verea, Alfonso Ramos, Armando Cascón e Manuel Ramos.

Published in: on 18 marzo, 2010 at 20:33  Dejar un comentario