CONVOCADOS OS VECIÑOS DE BURRES Á EXPOSICIÓN DOS PLANOS DA CONCENTRACIÓN PARCELARIA

Arzúa, a 16 de abril de 2010.- O Alcalde de Arzúa, Xaquín García, acompañará aos veciños de Burres á reunión convocada pola Consellería do Medio Rural para as 12,30 horas do mércores, día 21 deste mes, no local social da parroquia.

         O asunto ao que están convocados os propietarios de parcelas na parroquia de Burres será o da concentración parcelaria, máis en concreto e segundo explicaba esta mañá o Alcalde, Xaquín García, o obxecto do encontro será a exposición dos planos de levantamento das parcelas existentes, para dar continuidade así aos trámites da concentración do monte nesta parroquia. (más…)

Published in: on 18 abril, 2010 at 8:57  Dejar un comentario  

OS SOCIALISTAS ASEGURAN QUE TANTO DENDE O GOBERNO MUNICIPAL DO BLOQUE, COMA DA XUNTA NON HAI INTERES EN DESENROLAR A REDE DE GAS EN ARZUA.-

Arzúa. 16 de abril de 2010.“Por parte do Presidente da Xunta non se fixo mención a Arzúa de entre as poboacións beneficiadas polo Decreto que se publicará no DOG, que en teoría desbloquearía as zonas carentes de canalizacións de gas, por cuestións de concurrencia, e en cambio si se menciona o Concello veciño de Melide”-afirma Xabier Pintor, voceiro dos socialistas da localidade.-

Pon de manifesto o responsable socialistas que nunha reciente visita a Madrid, tivo ocasión de consultar no Ministerio de Industria  a respecto deste tema, do que os socialistas levan tempo moi interesados, donde lle informaron de que Arzúa está entre os Concellos que en canto presenten un plan de distribución de gasificación terán  dereito a obter a correspondente subvención, e con mais razón, toda vez que Arzúa  figura no acordo marco asinado coa anterior Conselleria de Industria e avalado polo propio Ministerio.- (más…)

Published in: on 16 abril, 2010 at 16:25  Dejar un comentario  

A NOVA LEI DO SOLO QUE DESBLOQUEARÁ O RURAL CUESTIONADA EN RADIO ARZÚA POR XAQUÍN GARCÍA

 

Arzúa. 16 de abril de 2010. Xaquín García ve pouco probable que a nova lei do solo beneficie Arzúa, así o explicaba esta mañá en Radio Arzúa onde manifestou que poñerá en mans dos seus abogados esta cuestión para estudala e facer unha valoración da repercusión desta nova lei e a súa realidade  no territorio municipal de Arzúa. Á pregunta de se será ou non prioritaria esta cuestión nos próximos meses, García couso eludiu falar de datas e remitiuse ao informe que elaborarán os seus asesores urbanísticos. Na súa intervención defendeu os orzamentos para este ano 2010 e anunciou unha reunión que se convoca para os veciños da parroquia de Burres na que se falará sobre a concentración parcelaria de dita freguesía.

 

Published in: on 16 abril, 2010 at 12:57  Dejar un comentario  

MÁIS DE 1.200 PERSOAS PARTICIPARÁN NA FESTA DOS MAIORES DE ARZÚA

Arzúa, a 16 de abril de 2010.- O Concello de Arzúa está ultimando os detalles da que será a XIV edición da Festa dos Nosos Maiores, que se celebrará o vindeiro sábado, día 24 de abril, a partir das 12,30 horas no entorno do Recinto Feiral Terra do Queixo.

            A Concellería de Benestar Social, departamento encargado da organización do evento, ten prevista a asistencia de máis de 1200 persoas cuxo único requisito para a participación no mesmo é ter cumpridos os 65 anos e estar empadronados no Concello de Arzúa, tamén poderán acudir os acompañantes daquelas persoas maiores que non poidan valerse por si mesmas.

            A programación prevista para o sábado, dada a coñecer pola edil do departamento, Aurora Varela, sigue en liñas xerais “o itinerario marcado noutros anos se ben nesta ocasión tratamos de incluir algún elemento máis que permita complementar o día cunha programación amena que se extenda ao longo de toda a xornada”. (más…)

Published in: on 16 abril, 2010 at 7:36  Dejar un comentario  

OS SOCIALISTAS VOTARÁN EN CONTRA DOS ORZAMENTOS 2010

Arzúa 15 de abril 2010. Unha vez presentados na Comisión Especial de Contas os orzamentos para o 2010, e confirmado o forte endebedamento do Concello, cun prestamo para este ano de 818.000 euros (136.103.748 pesetas), que sumado ao pendente cos bancos ata agora suma un total de 1.587.740 euros  (264.177.708 pesetas) de endebedamento  con entidades de crédito.-

“Votamos en contra destos orzamentos na comisión especial de contas, porque negaronse rotundamente os do bloque a devolver estos orzamentos a unha comisión representativa dos partidos politicos para consensualos e abordar solidariamente esta crisis, reducindo nas operacións corrientes os gastos de persoal, de bienes corrientes e servizos e gastos financieiros, evitando asi pedir un novo prestamo”- indica Xose Manuel Pazo, responsable de economia dos socialistas locales.- (más…)

Published in: on 15 abril, 2010 at 14:51  Dejar un comentario  

GUILLERME VÁZQUEZ CALIFICA A XESTIÓN DO GOBERNO DE ARZÚA DE MODÉLICA

 

Arzúa. 15 de abril de 2010. O Voceiro nacional, Guillerme Vázquez calificou esta mañá de modélica a xestión levada a cabo polo grupo de goberno de Arzúa. Na súa intervención aos medios de comunicación, Vázquez non deixou escapar a oportunidade de criticar as políticas “instrumentalizadas” que dende Europa e o Goberno do Estado e de Galicia están a facer co sector leiteiro. Tamén se refiriu á recente noticia sobre a venda de R e a súa conseguinte desgaleguización. Despois da rolda de prensa, o Voceiro Nacional do BNG visitou o parque empresarial onde se entrevistou co Presidente dos empresarios Alfonso Corzo e onde visitou a nova nave de Toldos Gómez. Ademáis do alcalde Xaquín García Acompañaron hoxe a Guillerme Vázquez na súa visita a Arzúa a alcaldesa de Vilasantar, o responsable da montaña do BNG Manuel Bello e outros respresentantes do nacionalismo local e comarcal.

Published in: on 15 abril, 2010 at 10:25  Dejar un comentario  

EL PP SOLICITA AL DELEGADO DE LA XUNTA LA PARTICIPACIÓN DE ARZÚA EN EL PROGRAMA LÚDICO – CULTURAL DEL XACOBEO

Arzúa, 15 de abril de 2010.- La Portavoz del Partido Popular de Arzúa, Leyre Aldasoro, se reunió con el Delegado de la Xunta, Diego Calvo, para solicitarle su mediación con el Xacobeo y para que éste incluya al municipio en la serie de actividades lúdico – culturales que organiza en distintos municipios de la comunidad gallega, con el fin de promocionar y proyectar los concellos por los que discurre el Camino, como es el caso de Arzúa. Por ello, el Portavoz Popular confía en que, gracias a la intermediación de Calvo, el Xacobeo conceda dentro del Programa Actuaciones Culturales del Xacobeo 2010 el apoyo que un municipio por el que pasa el Camino Francés, como es el caso de Arzúa, se merece. “Confiamos en que la petición reciba una respuesta positiva”, destaca Aldasoro.

La representante popular le trasladó a Diego Calvo la necesidad de dinamizar culturalmente el Ayuntamiento y de generar riqueza, así como también de satisfacer las demandas culturales y musicales de los vecinos del municipio y del resto de la comarca. “Apostamos porque los actos culturales que se celebren puedan atraer a visitantes y ser así un motor económico y de promoción importante de Arzúa”, subraya Aldasoro. Para la popular, de esta forma se mitigaría el efecto que la crisis económica está teniendo en los concellos que, como en el caso concreto de Arzúa, se debe, además, a la falta de iniciativas del Gobierno Local.

Published in: on 15 abril, 2010 at 10:06  Dejar un comentario  

INFORMADOS FAVORABLEMENTE OS ORZAMENTOS DE ARZÚA PARA O 2010

Arzúa, a 15 de abril de 2010.- O expediente orzamentario do Concello de Arzúa, que alcanza a cifra de 6.302.125 euros, foi informado favorablemente pola Comisión Especial de Contas e Economía e Facenda cos votos favorables do BNG e o posicionamento en contra dos grupos políticos do Partido Popular e do Partido Socialista.

            Os orzamentos deseñados para esta anualidade polo equipo de goberno centran as súas pretensións na xeración de riqueza e no mantemento e creación de emprego a nivel local nun escenario de grave crise económica. Por iso no documento salienta a contención nos gastos correntes, a conxelación de impostos e taxas  e a acometida de obras dirixidas a xerar actividade empresarial ademais dun firme compromiso social. (más…)

Published in: on 15 abril, 2010 at 10:02  Dejar un comentario  

60 SENDEIRISTAS DE ARZÚA PARTICIPAN NUNHA RUTA POR ASTURIAS

        

Arzúa, a 15 de abril de 2010.- A localidade asturiana de Taramundi convertirase este sábado no escenario programado pola Concellería de Deportes para a celebración da primeira Ruta de Sendeirismo na terceira edición dunha iniciativa que o departamento puxo en práctica coa finalidade de ofrecer unha modalidade deportiva e de ocio en plena natureza que xa conta con numerosos afeccionados en Arzúa.

         Segundo os datos ofrecidos dende a oficina de deportes as prazas para a participación nesta ruta que inaugura a tempada e que é  a primeira que se desenvolve fóra de Galicia xa se cubriron nos dous primeiros días nos que se abriu a convocatoria e a día de hoxe existe unha ampla lista de agarda por se se producen baixas entre as persoas inscritas. (más…)

Published in: on 15 abril, 2010 at 9:58  Dejar un comentario  

OS SOCIALISTAS DE ARZÚA ESIXEN QUE A ÁREA RECREATIVA DE RIBADISO SE ACONDICIONE PARA O BAÑO.

Arzúa. 14 de abril de 2010. O Partido Socialista reclama o goberno do BNG  unha habilitación urxente da área recreativa de Ribadiso, achegada a un dos albergues mais emblemáticos e concurridos do camiño de santiago, para que os usuarios poidan darse un baño  na súa praia fluvial.A deixadez do goberno municipal, un dos espazos de recreo mais visitados da zoa, resulta especialmente sorprendente que éste ano recibindo o noso concello duas das partidas presupuestarias mais elevadas da súa historia por parte do goberno central :Por un lado as inversións do fondo estatal de inversión local(FEIL),por  1.155,556 euros,e por outro lado el Fondo Estatal Para o Emprego e Sostenibilidade local, con unha partida de 700.969,00 euros.-Afirma Begoña Balado, membro da área de comunicación da Agrupación Socialista

Parte deses fondos destinaronse a obras tan innecesarias coma controvertidas  como a rehabilitación da carballeira do campo da feira cuxo prosuposto foi de 90.000,00 euros, e que se saldou cunha tala indiscriminada de árbores , suscitando o rexeitamento do veciños: afirman dende a agrupación Socialista de Arzúa.

Esta inversión millonaría contrasta co abandono dista emblemática área recreativa o cal o río non está en condicións para o baño, dada a gran cantidade de lodo acumulado, ó que resulta imperdoable,  é que ésta área recreativa foi construida no seu día non só para os veciños da zona e dos concellos limítrofes se  non que, dende o comenzo da súa construcción invertíronse nela inversións millonarias sen chegar nunca o seu remate. (más…)

Published in: on 14 abril, 2010 at 16:43  Dejar un comentario  

GUILLERME VÁZQUEZ VISITA ARZÚA.

Arzúa. 14 de abril de 2010. O Voceiro Nacional do BNG Guillerme Vázquez visitará mañá o Concello de Arzúa.
Ás 10.45 horas da mañá será recibido na Casa Consistorial polo Alcalde de Arzúa Xaquín García e polos Concelleiros do Goberno.
Ao redor das 11.30 horas desprazarase ata o Parque Empresarial para coñecer o desenvolvemento e progreso deste recinto, motor da economía industrial arzuá nos últimos anos. 
 

Published in: on 14 abril, 2010 at 11:03  Dejar un comentario  

XUNTA E GOBERNO CENTRAL ACORDAN DESBLOQUEAR O TREITO DE AUTOVÍA ARZÚA-PALAS DE REI

Arzúa, 13 de abril de 2010.- A Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural ven de solicitar información adicional de detalle ao Ministerio de Fomento sobre a construción da estrada A-54 (Santiago-Lugo). Unha vez dispoña destes datos informará, á súa vez, a ambos departamentos sobre a incidencia que poida ter esta vía nos espazos protexidos e a biodiversidade, no marco das súas competencias.

Así o acordaron hoxe o propio director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón, o xefe da Demarcación de Estradas de Galicia do Ministerio de Fomento e responsables da Dirección de Avaliación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño (MMARM) na reunión que mantiveron esta mañá en Santiago e que foi solicitada por Medio Rural para avanzar nesta tarefa. (más…)

Published in: on 14 abril, 2010 at 7:42  Dejar un comentario  

O SECTOR GANDEIRO ARZUÁN PIDELLE AO ALCALDE QUE ADAPTE O PXOM Á NOVA LEI

Arzúa, 12 de abril de 2010.- A organización profesional agraria Xóvenes Agricultores de Arzúa considera un “bo punto de partida” a recente aprobación da reforma da Lei do Solo (9/2002), porque era unha necesidade imperiosa para os gandeiros e agricultores que viven e traballan no medio rural. A nova normativa adáptase millor á realidade existente e permite entender e configurar o medio rural como un espazo onde o importante é manter a poboación e non obstaculizar as actividades que gandeiros e agricultores desenvolven.

            Por iso, dende Xóvenes Agricultores de Arzúa entendemos que é urxente e prioritario que dende o goberno local da nosa localidade se axilicen os trámites para a adaptación na normativa municipal aos novos parámetros establecidos na nova Lei do Solo.

            A reducción de distancias entre explotacións agropecuarias e os núcleos, a posibilidade de ordear o solo dende o punto de vista agrario ou as segregacións son, sen dúbida, aspectos positivos da nova lei, que agardamos teñan concrección no noso Concello.

Published in: on 13 abril, 2010 at 15:28  Dejar un comentario  

ARZÚA ESTREARÁ NOS VINDEIROS DÍAS AS PISTAS DE PÁDEL E VOLEIBOL

Arzúa, a 13 de abril de 2010.- A Xunta de Goberno Local do Concello de Arzúa acordou o pasado venres a adxudicación provisional do contrato para levar a cabo a xestión das instalacións deportivas municipais destinadas á práctica do pádel e voleibol á empresa Aquagest. A empresa dispón dun prazo de 15 días hábiles para aportar a documentación requirida; posteriormente procederase á súa adxudicación definitiva que será por un prazo de 4 anos.

         A empresa adxudicataria será a encargada do mantemento das instalacións, de ofrecer a información precisa para o aluguer das pistas, de manter limpas as instalacións e a zona perimetral valada  así como a vixiancia e control durante as horas de apertura das instalacións.

         Unha vez o goberno proceda á adxudicación definitiva do servizo, as pistas de pádel e voleibol entrarán en funcionamento e poderán ser empregadas por todos os veciños e veciñas de Arzúa que queiran poñer en práctica dúas novas modalidades deportivas. O prezo establecido para o uso das instalacións é de 6 euros a hora para cada unha das pistas de pádel; o uso da pista de voleibol será de carácter gratuíto. A empresa adxudicataria será a encargada de tramitar a xestión das reservas e de realizar o correspondente cobro polo uso das instalacións, que entregará ao Concello o 80% do importe recaudado, tal e como se establece no prego de contratación do servizo. (más…)

Published in: on 13 abril, 2010 at 11:04  Dejar un comentario  

PREPOTENCIA E ABUSO DE AUTORIDADE

 

É o vehículo oficial que utilizan os responsables da Unidade Mobil que xestiona oDNI. Todos os días que fan servizo en Arzúa, dende primeira hora da mañá, aproximadamente 8,30h, permanece indebidamente estacionado enriba da beirarúa da Travesía Lugo-Santiago ao seu paso pola vila entorpecendo o paso de peóns, nais ou avoas cos carriños de cativos ou mesmo persoas que utilizan cadeira de rodas para se desprazar .

Published in: on 13 abril, 2010 at 8:45  Dejar un comentario  

O artigo da semana. O MOVEMENTO SOLIDARIO EN ARZÚA

 

 

(más…)

Published in: on 13 abril, 2010 at 6:07  Dejar un comentario  

O GOBERNO DE ARZÚA ADXUDICA OBRAS DE MELLORA NO RURAL POR VALOR DE 100.000 EUROS

Arzúa, a 12 de abril de 2010.- O goberno arzuán acaba de aprobar a adxudicación definitiva de diversas obras de arranxo de camiños na zona rural á empresa Paco Gómez, con sede na comarca e con varios dos seus empregados con residencia no Concello de Arzúa; o que contribúe a fomentar a política municipal de mantemento dos índices de emprego local.

         As actuacións adxudicadas alcanzan un orzamento de aproximadamente 100.000 euros e desenvolveranse en traballos destinados á mellora do firme dos viais e á limpeza das gabias coa finalidade de adecentar unhas vías de comunicación fundamentais para o desempeño da actividade agrícola e gandeira propia destas zonas.

         Con fondos procedentes das baixas do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal 2009 da Deputación Provincial e mediante un investimento de 36.000 euros acondicionarase o camiño que vai dende a estrada de Boimorto ata o lugar de O Casal, na parroquia de Rendal, pasando polo Viso. Con 30.000 euros procedentes deste mesmo programa e grazas á existencia das baixas sinaladas anteriormente procederase tamén ao acondicionamento do núcleo rural da Torre, na parroquia de Dombodán, onde se executará ao saneamento e mellora do lugar.   (más…)

Published in: on 12 abril, 2010 at 15:10  Dejar un comentario  

OS SOCIALISTAS DE ARZUA AMOSANSE CONTRARIOS A PETICIÓN DUN PRESTAMO DE 818.000 EUROS POLO ALCALDE DO BLOQUE.-

Arzúa. 12 de abril de 2010. O avanzado polo Alcalde do  Bloque de Arzúa para concertar unha operación de préstamo por importe de 818.000 euros (136.103.748 pesetas)  xa ten unha resposta por parte dos socialistas cun posicionamento totalmente en contra.- Argumentan que pedir un prestamo desta cuantia, neste momento da lexislatura, a un ano das eleccións municipales, “ten un componente electoralista na precura dun puñado de votos a cambio de endeudar ao Concello,o que ven a demostrar a incapacidade dun Alcalde  que non é quen de buscar financiamento para as obras noutras administracións, buscando a saida facil a costa de sumar mais deuda, sen que lle importe hipotecar ao Concello e ao futuro goberno municipal que, estamos convencidos, será socialista” – indica Xosé Manuel Pazo, responsable de economía da agrupación local.-

Explica Pazo que, sen entrar na débeda pendente nos distintos capitulos orzamentarios, pero si no detalle de operacións de crédito ou de endebedamento pendente con entidades bancarias a 31 de decembro de 2009, era de 769.740 euros, polo que sumado aos 818.000 euros de prestamo anunciados polo Alcalde do Bloque, mais do doble do que habia pendente, suman  1.587.740 euros  (264.177.708 pesetas) de debeda con entidades de crédito.- (más…)

Published in: on 12 abril, 2010 at 15:06  Dejar un comentario  

LUZ CASAL FILLA PREDILECTA DE BOIMORTO

 

Boimorto 12 de abril de 2010. Luz Casal será nomeada filla predilecta do Concello de Boimorto o día 16 de maio de 2010.O Pleno Municipal celebrado en data 8 de abril, aprobou o nomeamento de Dª Luz Casal Paz como Filla Predilecta do Concello de Boimorto, acto que se celebrará o vindeiro día 16 de maio as 13:30 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial, no que estará a Corporación en pleno e autoridades e representantes convidados expresamente ó acto. A continuación haberá un xantar-homenaxe na carpa instalada na parroquia de Andabao (Arentía), lugar onde naceu a artista, o prezo por comensal será de 20 €; ese mesmo día asinará autógrafos.

Dende o Concello de Boimorto destacan os seus méritos e cualidades profesionais empezando xa a súa carreira dende moi pequena, pero non foi ata aló polos anos 80 cando saltou a escea con “No aguanto más” e con “Rufino”, na que a súa populariedade aumentou considerablemente. Co bolero “No me importa nada” e “Piensa en mi”, Pedro Almodóvar elixiunos para a súa película “Tacones Lejanos”, e traballou poemas como o de Rosalía de Castro “Negra Sombra” co que fixo a banda sonora da película “Mar adentro” de Alejandro Amenabar co que obtivo un Oscar da Academia de Cine de Hollywood. (más…)

Published in: on 12 abril, 2010 at 10:17  Dejar un comentario  

OS SOCIALISTAS DO INTERIOR CORUÑES SATISFEITOS POLA REUNIÓN MANTIDA NO MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, RURAL E MARINO EN MADRID,

Arzúa. 12 de abril de 2010. Como é sabido os representantes dos Concellos afectados pola paralización da Declaración do Impacto Ambientel DIA, por un informe da Xunta, no tramo entre Arzúa e Palas de Rei, mantiveron este venres unha reunión con altos cargos dos Ministerior de Medio Ambiente, Rural e Marino e de Fomento.-

A Directora General de Calidad y Evaluación Ambiental, Dª Maria Jesús Rodríguez de Sancho, de quen depende a aprobación do DIA, o Director General de Carreteras do Ministerio de Fomento, D. Aureliano López Heredia, de quen depende o proxecto de obra da Autovia e o Subdirector de Evaluación Ambiental, Don Angel Muñoz, que  é quen informa a DIA, reunironse mais de duas horas cos representanes socialistas Ignacio Portos, coordinador comarcal, Manuel Prado e Manuel Tarrio, representantes por Melide e Xabier Pintor de Arzúa.-

Os representantes socialistas manifestan en primeiro lugar a súa enorme satisfacción por prontitude da convocatoria desta reunión, pola alta representanción  con responsabilidade máxima e directa sobre a Autovia A- 54, dos representantes ministeriales, pola atención prestada e a información ofrecida.- (más…)

Published in: on 12 abril, 2010 at 10:05  Dejar un comentario