Arzúa, a 7 de abril de 2010.- A agrupación municipal do BNG de Arzúa, a través do seu responsable, Inacio García, insistiu esta mañá na necesidade inminente de que a Consellería de Cultura proceda á delimitación do Camiño Francés ao seu paso polo Concello de Arzúa, como paso previo e imprescindible para poder adaptar o Plan Xeral de Ordenación Municipal á nova Lei do Solo de Galicia que entrerá en vigor a finais deste mes e que non é máis que unha modificación da anterior lei aprobada polo Partido Popular no ano 2002.
O responsable local do BNG sae así ao paso das declaracións efectuadas estes días polo Partido Popular nas que reclamaba a adaptación do Plan Xeral de Arzúa aos cambios que ofrece a reforma da Lei do Solo. Resulta certamente desconcertante a premura do Partido Popular cando a nova lei aínda non entrou en vigor e cando se descoñece o modo no que pode beneficiar ou perxudicar os intereses dos nosos veciños. (más…)