O ALCALDE DE ARZÚA SOLICITA A REAPERTURA DA OFICINA COMARCAL DE REHABILITACIÓN TRALA DECLARACIÓN DA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL PARA O CAMIÑO FRANCÉS

Arzúa, a 31 de marzo de 2010.- O Alcalde de Arzúa, Xaquín García, acaba de remitir un escrito ao Director do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia no que solicita a reapertura da Oficina Comarcal de Rehabilitación, ubicada no lugar de Ribadiso, trala declaración o pasado día 22 de febreiro da área de rehabilitación integral para o Camiño Francés de Santiago por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e do Ministerio de Vivenda.

         O motivo desta solicitude, amén das que xa se teñen efectuado meses atrás xunto cun acordo plenario na mesma liña tralo peche inxustificado da oficina o pasado 31 de decembro de 2009 por parte da Xunta de Galicia, foi un escrito achegado ao Concello dende a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo no que se solicita a colaboración da administración local  para comezar a promover actuacións trala recentemente declarada área de rehabilitación integral para o Camiño Francés de Santiago, na que se inclúen parroquias deste termo municipal. (más…)

Published in: on 31 marzo, 2010 at 10:28  Dejar un comentario  
Tags: