Preto de 1.200 persoas visitaron a oficina de información turística de

Armando Cascón

Arzúa, a 20 de abril de 2010.- O feito de que o Concello de Arzúa estea situado en pleno Camiño de Santiago teno convertido nun punto de paso obrigado para os centos de peregríns que en pleno Ano Santo seguen o seu percorrido cara Compostela. A maiores, Arzúa tense convertido no destino verde de Galicia e nun dos espazos que goza dun maior número de casas de turismo rural por quilómetro cadrado. Todos estes condicionantes teñen motivado a grande afluencia de usuarios que rexistrou nos últimos meses a oficina de información turística de Arzúa. Os datos de concurrencia foron dados a coñecer na mañá de hoxe polo Alcalde de Arzúa, Xaquín García, que amosaba a súa satisfacción por poder ofrecer aos peregrinos e turistas un lugar onde informarse de maneira fiable das oportunidades e posibilidades que ofrece un concello como Arzúa, situado ás portas de Compostela e na confluencia de…

Ver la entrada original 402 palabras más

Published in: Sin categoría on 13 febrero, 2015 at 23:36  Dejar un comentario  

RADIO ARZÚA CELEBRA O SEU 15º ANIVERSARIO INAUGURANDO NOVAS INSTALACIÓNS

Published in: Sin categoría on 29 julio, 2010 at 10:44  Dejar un comentario  

CALENDARIO LABORAL PARA O 2011

A Xunta de Galicia deu  luz  verde  ao  proxecto  de  decreto  que  determina  o calendario  laboral  para  o  ano  2011  en  Galicia.  Esta  axenda  recolle  tanto  os  festivos nacionais  como  os  autonómicos,  de  xeito  que  son,  en  total,  once  días  festivos  de carácter retribuído e non recuperable. É preciso sinalar que, ao coincidir o 1 de maio (Festa do Traballo) e o 25 de decembro, (Nadal)  en  domingo,  estes  festivos  serán  substituídos  polo  17  de  maio  (Día  das  Letras Galegas) e polo 19 de marzo (Día de San Xosé). Polo tanto, o calendario laboral quedará configurado así:

1 de xaneiro          Aninovo

6 de xaneiro          Día de Reis

19 de marzo            San Xosé

21 de abril             Xoves Santo

22 de abril             Venres Santo

17 de maio         Día das Letras Galegas

25 de xullo              Santiago Apóstolo – Día de Galicia

12 de outubro         Día da Hispanidade

1 de novembro    Todos os Santos

6 de novembro    Día da Constitución

8 de decembro      A Inmaculada

A estes días haberá que sumar as dúas festas locais, que dependerán en cada caso dos distintos concellos, e que serán publicadas tanto nos boletíns oficiais da provincia como no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Published in: on 18 junio, 2010 at 9:46  Dejar un comentario  

DIGNA RETIRADA

Dende mozo manifestou un gran espírito emprendedor. Nunca lle amedrentaron as dificultades e xunto cos seus irmáns puxo en marcha unha florecente empresa familiar antes de dedicarse á política. Moitas das infraestructuras das que nos deleitamos hoxe en Arzúa non existirían se León non se implicara en política. Pepe León dedicouse con esforzo e tenacidade froito da súa inquedanza cara ao ben común. Foi un político pragmático que sempre exerceu non só con palabras senón tamén con feitos de arzuán e de galego leal.

A León seguro que non lle faltan motivos para marchar e que lle foi comprometido tomar esta decisión. Pero hai algo do que Pepe sempre foi consciente. Algo do que aínda a día de hoxe non reparan moitos alcaldes e concelleiros. Que existe vida despois da política. Dende a miña distancia, sobre todo cos postulados do seu equipo, creo que a súa traxectoria en política e a súa xestión como Concelleiro de Obras e de Servizos é moi meritoria e digna de mención. Sempre vin en Pepe un home honesto, preocupado, traballador incansable. Un home de parroquia que gobernou dende o talante antepoñendo sempre o factor humano ás controversias que o seu posto comportaba. Pero sobre todo gobernou sen odios nin rancores para ninguén. Por iso, sen ningún tipo de pudor podo dicir hoxe que a Pepe León o que lle sobra é coherencia e dignidade para irse. Sorte e parabéns.

Armando Cascón

 

Published in: on 11 junio, 2010 at 19:58  Dejar un comentario  

O artigo da fin de semana: ARZUÁNS NA HABANA

 

A sociedade Partido Judicial de Arzúa na Habana foi fundada no ano 1924 sendo o seu primeiro presidente Francisco García Naveiro. Orixinario do Concello do Pino, García Naveiro emigrara con 15 anos a Cuba onde comezou desenvolvendo oficios humildes. Despois de introducirse no sector comercial e hostaleiro triunfou  no mundo das finanzas chegando a ocupar a dirección de La Caja de Ahorros, do Banco Gallego e mesmo chegou a presidir o Centro Gallego de La Habana. Doou para o seu concello un edificio para escola sostenida do seu peculio particular. (más…)

Published in: on 24 abril, 2010 at 6:39  Dejar un comentario  

OS SOCIALISTAS INDICAN QUE MAIS QUE A DELIMITACION DO CAMIÑO DE SANTIAGO FAISE NECESARIO PRESENTAR O PLAN ESPECIAL DE PROTECCION DO CAMIÑO.-

Arzúa. 23 de abril de 2010. Esta é unha obriga legal que ten que cumprir inexcusablemente a Xunta de Galicia e que se está demorando demasiado no tempo.- “A Lei  3/1996, de 10 de maio (DOG, num. 101, de 23 de maio) é a que sinala esta obligación,  cunha disposición adicional que marca o prazo de dous anos para  ter realizado este Plan Especial” –indica Xabier Pintor, voceiro socialista.-

A aprobación do plan especial aclararia moitas cousas sobre o camiño, que no caso de Arzúa volveria con seguridade a oficializar o camiño tanto na Castañeda e Figueroa  pola itinerario que sinala o Xacobeo, que é a través da Fraga Alta  ata o Pedrido.No caso da Parroquia de Burres por Preguntoño, o que suporia unha modificación do PXOM que foi aprobado polo Bloque que o cambiou polo Pumariño e Raido, respectivamente.- (más…)

Published in: on 23 abril, 2010 at 7:02  Dejar un comentario  

El PP denuncia el declive de las ferias quincenales de Arzúa por la falta de promoción económica y de nuevas ideas

 

Arzúa, 22 de abril de 2010.- La Portavoz del Partido Popular de Arzúa, Leyre Aldasoro, denuncia el declive de las Ferias Quincenales, debido a la falta de promoción económica y de nuevas ideas, así como también, por la falta de apoyo del Gobierno Municipal. En este sentido, los populares informan del malestar y preocupación de los feriantes que acuden regularmente a las ferias, así como los comerciantes del pueblo, por la escasa afluencia de público. “Para el sector comercial es palpable las escasez de ventas y el declive que desde hace unos años vienen sufriendo”, indicó Aldasoro. La representante popular ha realizado esta mañana un recorrido por la feria en la que se puso de manifiesto “el escaso interés del grupo de gobierno”. En este sentido, recordó que, en el mes de diciembre, denunciaron esta falta de apoyo e instaron al Concello a que tomase medidas que revitalizasen la feria, pero, a día de hoy, y tal y como denuncia la Portavoz Popular, los feriantes siguen sin ser escuchados y sin que sus demandas sean tenidas en cuenta por el alcalde. Aldasoro lamenta la oportunidad perdida de dinamizar estos actos, ya que “hace años esta feria fue fuente de riqueza para el municipio”. (más…)

Published in: on 22 abril, 2010 at 12:56  Dejar un comentario  

Cultura segue esixindo autorización de Patrimonio para as actuacións

Arzúa, a 22 de abril de 2010.- A Consellería de Cultura e Turismo

da Xunta de Galicia vén de remitir un escrito ao Alcalde de Arzúa, Xaquín

García, no que especifica con claridade que para calquera intervención que

se produza no denominado territorio histórico do Camiño Francés resulta

obrigatoria a obtención da autorización da Dirección Xeral de Patrimonio

tal e como establece a Resolución do 12 de novembro de 1992, con

independencia da cualificación urbanística do solo sobre o que se actúe.

A resposta da Consellería de Cultura atende a unha petición

formulada meses atrás polo Alcalde de Arzúa, Xaquín García, cando éste

ostentaba a presidencia da Mancomunidade de Concellos Galegos do

Camiño Francés, e se interesou por tratar de axilizar os trámites para a

concesión de licenzas naqueles lugares ou parroquias polos que aínda que

transcorrese o Camiño Francés estaban moi alonxados das zonas laterais e

do contorno do vial do propio Camiño. (más…)

Published in: on 22 abril, 2010 at 12:46  Dejar un comentario  

ALIMENTOS LÁCTEOS INTEGRADA POR 9 COOPERATIVAS CON LA ARZUANA EN CABEZA, HA PRESENTADO LA MARCA “DELEITE” UN PRODUCTO “EXCLUSIVAMENTE GALLEGO”

Arzúa. 22 de abril de 2010. Así lo expuso, en conferencia de prensa, el gerente de Alimentos Lácteos —la empresa con base cooperativa que explota en régimen de alquiler las planta en Lugo de Leche Pascual—, Roberto Casas, quien destacó que la principal característica de este leche es su “altísima calidad” y que estará en el mercado con un precio “muy ajustado”, debido a que elimina parte de la intermediación.

Esta nueva marca irrumpirá en el mercado en los primeros días del mes de mayo y se diferencia, según Casas, del resto de la amplia oferta por su “marcado origen gallego, donde casi el 80 por ciento de la cabaña de esta comunidad se alimenta de pastos, lo que otorga un sabor diferenciado a nuestra leche”. También resaltó el tratamiento que se dará a esta leche en la fábrica a través de la ultrapasteurización directa, que mantiene las características de la leche “de forma más natural y ayuda a conservar el sabor de la leche en origen”. (más…)

Published in: on 22 abril, 2010 at 6:43  Dejar un comentario  

ANTE LA ENTRADA EN VIGOR DE LA NUEVA LEI DO SOLO LA PLATAFORMA POR UN PLAN XERAL PARA TODOS INSTA UNA INMEDITA ADAPTACIÓN DEL PXOM AL NUEVO TEXTO.

Arzúa. 20 de abril de 2010. Hoy, miércoles 21 de abril, entra en vigor la nueva Lei do solo de Galicia aprobada recientemente en el Parlamento con los únicos votos en contra del BNG. Sin entrar en un examen exhaustivo, lo cierto es que la modificación de esta Ley, responde a un texto que beneficia directamente, entre otros ámbitos, al medio rural. Así se desprende de su preámbulo, donde se deja claro que una de las finalidades de la Ley es adecuar su contenido a la realidad contemporánea de los asentamientos rurales de población. Por eso mismo, se recupera el protagonismo del Plan General de Ordenación Municipal, para delimitar y establecer el régimen urbanístico de los núcleos rurales.

Con estos mimbres, las gentes que residen en el conjunto de núcleos de población del término municipal de Arzúa, cuentan con la posibilidad real de que se vean revalorizadas sus propiedades, al poder construir sobre parcelas en las que actualmente se impide. (más…)

Published in: on 20 abril, 2010 at 15:26  Dejar un comentario  

Preto de 1.200 persoas visitaron a oficina de información turística de

Arzúa, a 20 de abril de 2010.- O feito de que o Concello de Arzúa estea situado en pleno Camiño de Santiago teno convertido nun punto de paso obrigado para os centos de peregríns que en pleno Ano Santo seguen o seu percorrido cara Compostela. A maiores, Arzúa tense convertido no destino verde de Galicia e nun dos espazos que goza dun maior número de casas de turismo rural por quilómetro cadrado. Todos estes condicionantes teñen motivado a grande afluencia de usuarios que rexistrou nos últimos meses a oficina de información turística de Arzúa. Os datos de concurrencia foron dados a coñecer na mañá de hoxe polo Alcalde de Arzúa, Xaquín García, que amosaba a súa satisfacción por poder ofrecer aos peregrinos e turistas un lugar onde informarse de maneira fiable das oportunidades e posibilidades que ofrece un concello como Arzúa, situado ás portas de Compostela e na confluencia de dous Camiños, o Francés e o do Norte. (más…)

Published in: on 20 abril, 2010 at 11:54  Dejar un comentario  

EL PP DE ARZÚA ANUNCIA QUE MEDIO RURAL PRESENTARÁ Y EXPLICARÁ, MAÑANA MIÉRCOLES EN UNA REUNIÓN, LOS PLANOS DE LA PARCELARIA A LOS VECINOS DE BURRES

Arzúa, 20 de abril de 2010 – El Partido Popular de Arzúa informa que el Jefe Territorial de Medio Rural, Enrique Salvador acudirá mañana, miércoles 21 de abril. a la Parroquia arzuana de Burres, donde tendrá lugar la exposición de los planos de la concentración parcelaria. Los representantes del PP arzuano también acudirán al acto programado para las 12:30 en el local social Burres.

La portavoz municipal Leyre Aldasoro valoró esta reunión como muy positiva ya que, “a pesar de ser un acto eminentemente técnico el responsable provincial demuestra con su asistencia el compromiso con el municipio arzuano”. El PP considera que las concentraciones parcelarias en un asunto lento y laborioso por ello es tan positiva  la buena voluntad por parte de la Consellería de Medio Rural de dar una continuidad a los trámites de la concentración parcelaria de Burres, puesto que se entiende como fundamental para el desarrollo de la parroquia por su eminente vocación agrícola y ganadera. (más…)

Published in: on 20 abril, 2010 at 10:54  Dejar un comentario  

O PROGRAMA DA GALEGA “A POLOS 25” REPASA A TRAXECTORIA DE ANA KIRO EN ARZÚA.

PODEDELO VER SE PINCHAS AQUI

Onte no programa da TVG “A polos 25” Ana Kiro foi homenaxeada cunha reportaxe gravada en Arzúa. Veciños deste concello do que a artista galega é filla predilecta dedicaronlle fermosas e sentidas palabras sobre a súa persoa e traxectoria artistica e profesional.

Published in: on 20 abril, 2010 at 9:19  Dejar un comentario  

OS SOCIALISTAS PIDEN A REPOSICIÓN DO FIRME POLAS OBRAS DE CANALIZACIÓN DO ALCALTARILLADO NA PARROQUIA DE LEMA, COA INCAUTACION DA FIANZA EN CASO DE INCUMPLIMENTO POLA EMPRESA ADXUDICATARIA.-

Arzúa. 19 de abril de 2010. As obras de saneamento e da depuradora de augas residuais en Arzúa, foi adxudicada pola  anterior Conselleria de Medio Ambiente á empresa Acciona, cando estabao frente o socialista Manuel Vázquez.-A adxudicación foi formalizada pola  Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, dependente de Augas de Galicia,.

Esta obra que inclue o emisario que canaliza as augas fecais ata a EDAR da Parroquia de Lema, conta cun orzamento de tres millóns de euros, e foi adxudicada a mediados do ano 2007, coa redacción do proxecto e a súa execución á empresa indicada.- (más…)

Published in: on 19 abril, 2010 at 12:57  Dejar un comentario  

AIA CALIFICA DE ELECTORALISTAS OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS

Arzúa, 18 de abril de 2010.- Completamente electoralistas, interesados, pouco axustados á realidade e improvisados. Así cualificamos dende AIA a proposta de orzamentos municipais que presenta o BNG para este exercicio económico. Son unhas contas continuistas, con partidas absolutamente desproporcionadas. Os gastos de persoal ascenden a un 27% do total, mentres que o capítulo de gastos correntes é dun 33%. A todo isto engadimos o esaxerado e innecesario incremento dos préstamos municipais, polo que o Concello se endebeda aínda máis, neste caso nunha cuantía superior a 800.000€, quedando a porcentaxe de débeda nun 34%.

         Isto significa unha única cousa: as obras que se van realizar con ese préstamo de case un millón de euros son tan necesarias hoxe como hai tres anos. ¿Por qué o Concello non contraeu esa débeda daquela, fixo os traballos e hoxe xa tiñamos unha parte amortizada? ¿Por qué esa gran falta de previsión, podendo incluir esas obras/accións noutros plans autonómicos ou provinciais, e incluso estatais? ¿Non será que o BNG necesita moita, moita publicidade de cara ás eleccións de maio do 2011 e de maneira urxente? Para AIA é inadmisible que o BNG nos hipoteque así o futuro, porque de non gañar eles os vindeiros comicios, o goberno entrante terá entre mans unha débeda considerable á que facer fronte, en detrimento doutros investimentos. (más…)

Published in: on 19 abril, 2010 at 10:19  Dejar un comentario  

TRAXEDIA NA PARROQUIA ARZUÁ DE DODRO CON DOUS MEMBROS DUNHA MESMA FAMILIA FALECIDOS A TIRO DE ESCOPETA

Arzúa. 19 de abril de 2010. Dous membros dunha mesma familia, sobriño e tio, morreron na noite de onte a consecuencia de dous disparos de escopeta. Foi na parroquia arzuá de Dodro, na aldea de Ramil. Os feitos tiveron lugar arredor das 10 cando Manuel Barreiro Souto, que estaba sometendose a un forte tratamento psiquiátrico fíxose coa escopeta do tío, Jesús Barreiro Blanco, e disparoulle causándolle a morte instántanea, minutos despois suicidouse. Tal e como contan fontes próximas á familia, sobriño e tío vivían na mesma casa onde tamén residía a nai do rapaz, precisamente foi ela quen atopou os cadáveres. A consternación fíxose coa parroquia onde tío e sobriño gozaban dunha grande popularidade.

MÁS INFORMACIÓN

Published in: on 18 abril, 2010 at 14:49  Dejar un comentario  

O ARZUÁN MANUEL VÁZQUEZ CACHARRÓN ASASINADO POLA BANDA TERRORISTA GRAPO SERÁ HOMENAXEADO CUNHA RÚA EN SANTIAGO.

Arzúa. 18 de abril de 2010.  Cuatro calles de Santiago llevarán los nombres de los guardias civiles asesinados por bandas terroristas en Santiago o que son nacidos en Compostela. Los agentes caídos en Santiago son Pedro Cabezas González (nacido en A Coruña) y Constantino Limia Nogueiras (Xunqueira de Ambía-Ourense), muertos en el Banco de España; y Manuel Vázquez Cacharrón natural da parroquia arzuá de Maroxo asesinado en la Plaza de Abastos.

El compostelano Ricardo Couso Río, por su parte, fue tiroteado en Vizcaya por ETA. El compromiso de bautizar las calles con los guardias civiles lo recordó ayer el alcalde en una entrevista con representantes de la Asociación de Víctimas del Terrorismo, que le plantearon al regidor que este año se abran las calles con las víctimas compostelanas del Grapo y ETA. Las placas serán colocadas en rúas de nuevas urbanizaciones, concretamente de O Castiñeiriño y San Lázaro, que se abrirán este año.

Published in: on 18 abril, 2010 at 14:18  Dejar un comentario  

XAQUÍN GARCÍA NON CONTEMPLA NINGUNHA PARTIDA ECONÓMICA PARA ADAPTAR O PXOM Á NOVA LEI DO SOLO

O vindeiro mércores entra en vigor a nova lei do solo de Galicia. A pesar da solicitude expresa da totalidade da oposición arzuá e de colectivos sociais e agrarios, o grupo de goberno de Arzúa non terá como prioridade adaptar o PXOM de Arzua a esta nova lei. Proba delo é que nos presupostos para este ano 2010 o equipo de goberno de Arzúa non contempla nin un só euro para comezar cos trámites de adaptación. Mentres tanto, o rural de Arzúa continuara bloqueado e sumido a unha normativa moito menos permisiva que a que agora defenden oposición, colectivos sociais e agrarios.

APORTACIÓN DA NOVA LEI PARA O SECTOR GANDEIRO

Segundo Xovenes Agricultores de Arzúa, a nova normativa adáptase millor á realidade existente  no rural e permite entender e configurar o medio rural como un espazo onde o importante é manter a poboación e non obstaculizar as actividades que gandeiros e agricultores desenvolven.

            Sería urxente e prioritario que dende o goberno local da nosa localidade se axilicen os trámites para a adaptación na normativa municipal aos novos parámetros establecidos na nova Lei do Solo.

            A reducción de distancias entre explotacións agropecuarias e os núcleos, a posibilidade de ordear o solo dende o punto de vista agrario ou as segregacións son, sen dúbida, aspectos positivos da nova lei, que agardamos teñan concrección no noso Concello. (más…)

Published in: on 18 abril, 2010 at 9:43  Dejar un comentario  

O PP DE ARZÚA CUALIFICA OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS DE IRREAIS E IRRESPONSABLES

Arzúa, 17 de abril de 2010.- A Voceira do Partido Popular de Arzúa, Leyre Aldasoro, denuncia que os Orzamentos Municipais para o 2010 son “máis do mesmo”, xa que, ademais de non presentar grandes novidades, repítese case mimeticamente con respecto o presuposto do ano 2006. Do mesmo xeito, a representante popular cualifica de “irreais” as contas, xa que será preciso para materializa-las partidas dun préstamo que se aproxime ós 800.000 euros, o que suporá duplica-la débeda actual do Concello. Neste senso, Aldasoro recorda que, no 2006, tamén se pedira outro préstamo, neste caso de 325.000 euros, para levar a cabo o presuposto municipal. Para os populares, que o equipo de goberno considere os orzamentos como a clave do motor económico do municipio é pretender enganar ós veciños, xa que “para o único que van a ser é para poñer parches polas parroquias do Concello”. (más…)

Published in: on 18 abril, 2010 at 9:23  Dejar un comentario  

O SECTOR GANDEIRO E O DA CONSTRUCCIÓN FORON MOTIVO DE SÚPLICA NA INVOCACIÓN DO CURA PÁRROCO DE ARZÚA DIANTE DO APÓSTOLO NA CATEDRAL

Arzúa. 18 de abril de 2010. Arredor dun cento de fregueses que conforman as parroquias arzuás do arciprestado de Ferreiros achegáronse o pasado sábado a Santiago de Compostela para participar na peregrinación organizada polo arcipreste. En total 5 autobuses completos e 200 persoas contabilizando a totalidade do arceprestado. Segundo información do Cura Parroco de Arzúa don Santiago Pérez foi ás 11 en punto cando entraron na Catedral pola porta de Praterías despois dun estricto control de seguridade. A misa tivo lugar ás 12 e foi cantada por dúas corais. A invocación que correu a cargo do noso Cura Párroco, como arcipreste de Ferreiros, foi escoitada con grande atención e culminada con fortes aplausos. Nela, Don Santiago pediu por todas as familias das nosas parroquias, polos enfermos e polos sacerdotes. Foi entón cando fixo mención do cura recentemente finado don Manuel Castro. “Pídolle ao Apóstolo para que participe na Casa do Pai desta festa nosa”, dixo. De xeito especial e para por o punto e final, Don Santiago Pérez referiuse á crise económica e pediu por todos os que a sofren, de xeito especial pediu polos gandeiros, os traballadores da construción e por todos os que perderon o seu traballo. (más…)

Published in: on 18 abril, 2010 at 9:00  Dejar un comentario